lunes, 19 de febrero de 2018

ANTERIOR E POSTERIOR

Cada día temos máis interiorizada a recta numérica, actualmente estamos traballando os conceptos de anterior e posterior, a algúns resúltalles complicado de comprender, xa que non teñen ben interiorizada a correspondencia número - cantidade, pero pouquiño a pouco vano entendendo. 
Para traballar o anterior e o posterior fixémolo de diferentes formas, co propio corpo, creando unha recta numérica nos mesmos, con  pezas de construción, traballando coa recta numérica, etc… As veces de forma individual, outras por parellas ou en gran grupo, dependendo da actividade e por último en papel.

De seguido vos deixamos algunhas imaxes de xogos que fixemos.


















viernes, 16 de febrero de 2018

PROXECTO CINE

Seguindo co proxecto do cine soubemos que entre os invitados a proxección dos Irmás Lumiere estaba George Méliès que lle quiso mercar o cinematógrafo, pero non quiseron venderllo.
En 1896 George demostrou que o cine non só servía para gravar a realidade, se non que tamén podía recreala e falseala, iniciándose así o cine dunha soa bobina.



































jueves, 15 de febrero de 2018

DIA DO CANGRO INFANTIL

O alumnado do noso cole hoxe participou na iniciativa proposta pola Asociación Bicos de Papel para conmemorar o día do cangro infantil .
No patio do cole entre todos e todas fixemos un gran lazo de cor dourada.







viernes, 9 de febrero de 2018

SOMOS ARTISTAS DE CINE MUDO

Neste entroido os nenos e nenas de infantil imos disfrazados de actores e actrices de cine mudo. Estamos todos e todas moi guapos.














 

jueves, 8 de febrero de 2018

ORDES DO MECO

O longo desta semana o meco foi dicindo cómo debíamos vir disfrazados ao cole, aquí deixamos unha pequena mostra de cómo participamos todos neste entroido.