viernes, 22 de octubre de 2010

O protagonista da semana: FRAN

Esta semana, o protagonista na aula de 5 anos foi FRAN. Aquí o temos coa súa coroa...
Contounos moitas cousas sobre a súa vida: como se chaman os integrantes da súa familia, onde vive, amosounos como era de bebé,...
Recibimos a visita de Ita, a súa nai, e pasamos unha xornada moi divertida. Grazas á nai de Fran, descubrimos moitas cousas do noso alumno e compañeiro como, por exemplo, que a súa cor favorita é o amarelo ou cales son os seus contos favoritos; un deles é "Cuentos de la cama camilla" que nos contou Ita e nos gustou moito.

Tamén houbo baile (o "Waka Waka" de Shakira, "El Pollo Pepe" e "Soy una taza") e entrega do diploma á familia de Fran por colabora co proxecto.
A nai de Fran entregoulles aos nenos e nenas unhas gominolas e, todos xuntos, lle dedicamos un forte aplauso... ata pronto!!! e GRAZAS ITA!!!

1 comentario: