jueves, 30 de diciembre de 2010

PREMIOS INNOVACIÓN EDUCATIVA

A verdade é que esta entrada no blogue ten un gusto especial, é o recoñecemento ao traballo realizado durante o curso pasado 2009/2010: SOMOS GAÑADOR@S DUN PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.
O pasado martes, 28 de novembro, (e non é unha inocentada), a Xunta de Galicia publicou a resolución dos premios no Doga.

*Modalidade A. Fomento do plurilingüismo.
-Categoría educación infantil/educación primaria.

Un terceiro premio de 2.000 euros.

1. Título do traballo: Un ano con... Eric Carle.

Coordinadora: Paula Campos Caldas.

Participantes:

Ángeles Maquieira Camiña.

Mª Teresa Pazos Alonso.

Begoña Suárez Gago.

Centro educativo: CEIP Ría de Vigo, Vigo (Pontevedra)
 
Dende este blogue non podemos máis que agradecer a todas aquelas persoas que integran este proxecto: nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria, mestres participantes (titoras e especialistas), familias, cociñeiras do colexio, mestres e mestras doutros centros que prestaron a súa axuda, etc.
GRAZAS A TODOS E A TODAS.
 
 
Podedes acceder ao DOGA e consultar a resolución dos premios no seguinte enlace:



miércoles, 22 de diciembre de 2010

Festa de Nadal 2010

Hoxe celebramos no cole a Festa de Nadal. Os nenos e nenas e 3 anos representamos a panxoliña "As cores do Nadal" e os de 4 e 5 anos "Epo" (unha canción maorí).
Xa están dispoñibles na páxina web do cole as imaxes da celebración. Poderedes acceder dende o seguinte enderezo

ou dende a páxina web do cole.

Dende o noso blogue desexamos unhas BOAS FESTAS e un BO ANO 2011.

martes, 21 de diciembre de 2010

BO NADAL 2010

Esta mañá, nos corredores das aulas de educación infantil, vivimos unha xornada de troula.
Todo comezou cando decidimos coller a caixa de gorros de Papá Noel que temos na titoría; os primeiros que os puxeron foron os nenos e nenas de 4 anos.
Tamén atopamos uns traxes de Mamá Noel que tiñamos feitos doutro curso escolar e, a partires deste momento, todo foi un non parar de risas, fotos, cambio de gorros e diversión.
Dende o Ría de Vigo... BO NADAL!!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

Programa Festival de Nadal 2010


Chegadas estas datas, como ven sendo habitual, o colexio celebra a chegada do nadal compartindo coas familias unha pequenísima mostra do realizado na escola polas súas fillas e fillos. Para iso, imos celebrar unha festa o vindeiro MÉRCORES 22 DE DECEMBRO ÁS 12:30 HORAS.

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS
 
Educación Infantil 4 e 5 anos: "Epo" (canción maorí)
Educación Infantil 3 anos: "As cores do Nadal"
Primeiro Primaria: "Navi-dar"
Segundo Primaria (grupo A): " O lobo que quería comer a Papá Noel" (teatro)
Tercero e Cuarto Primaria: "San Antoniño pequeno"
Quinto Primaria: "Canon"
Sexto Primaria: "Jingle Belles"
Segundo Primaria (grupo B): "El árbol de navidad" (teatro)

Lémbrase que o acceso para familiares será excluxivamente a través da porta exterior do Ximnasio. Así mesmo, rogamos que, por respeto ao realizado polo alumnado no escenario, presten especial coidado a facer as entradas e saídas do ximnasio nos tempos comprendidos entre actuación e actuación. Unha vez rematada a festa, o alumnado subirá ás aulas coas súas mestras titoras, momento no que as nenas e nenos de Primaria, recollerán as notas correspondentes á primeira avaliación.

Este día, os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán cos horarios habituais. En caso de querer recoller á súa filla ou fillo antes da hora de saída, terá que ser na súa aula unha vez rematada a festa e despois de ser comunicado previamente a través dunha nota á titora. Esta nota debe ser entregada antes do día 22.

As clases retomaranse o día 10 de xaneiro unha vez rematado o período de vacacións.

Pois, á espera da chegada deste día, a Comunidade Educativa do CEIP. Ría de Vigo, aproveitamos a ocasión para desexarlles un moi bo Nadal e unha aínda mellor entrada no ano 2011.

FELICIDADES

viernes, 17 de diciembre de 2010

O protagonista da semana: PABLO GIL

Case todos os venres do curso, contamos, na aula de 5 anos, coa visita de familiares do neno ou nena protagonista. Esta semana, o protagonista foi Pablo Gil e a súa madriña Josefa acompañounos nesta xornada de decembro.
Todo comezou, coma sempre, coa presentación das fichas traballadas durante a semana; para iso, Pablo Gil contou coa axuda da mestra Tere.
A continuación, visionamos na pantalla da aula unhas actuacións musicais de Pablo... é todo un artista!!! Vai coa súa irmá María a clases de baile nunha academia e disfrutamos con dúas actuacións deles.
Unha vez rematados os vídeos, a súa madriña Josefa amosounos unhas fotografías moi chulas de momentos variados da vida do protagonista (vestido de superheroe, o seu bautizo, as súas actuacións de baile, etc.)
  Descubrimos que Pablo ten unha egua na casa do seus avós. Chámase Coral e a vai visitar os fines de semana.
Tamén tivemos tempo de facer unha tanda de preguntas ao protagonista e a Josefa onde puidemos descubrir que a cor favorita de Pablo é o laranxa, que o seu xogo preferido é a Oca, que lle gustan moito os animais, etc.


Coma sempre, contamos coa lectura dun conto; este era moi, moi pequeniño. O seu título: "Los siete cabritillos"
O protagonista e a súa madriña trouxeron agasallos para todos. Pablo fixo entrega aos seus compañeiros e compañeiras dunha bolsas de gominolas variadas e recibiu o diploma correspondente por colaborar co proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

martes, 14 de diciembre de 2010

Xogamos no Nadal

Estamos en tempo de Nadal e, dende as nosas aulas de Educación Infantil, vos propoñemos estas divertidas actividades sobre a festa que tanto gusta a nenos e nenas.





viernes, 10 de diciembre de 2010

Día dos Dereitos Humanos

Hoxe, 10 de decembro do 2010, celébrase o Día dos Dereitos Humanos. A mestra Paula, xunto con outras mestras e mestres de diferentes centros e xunto coa asociación TADEGa, presentan esta actividade colaborativa sobre o tema. Igual que aconteceu co Lim colaborativo sobre o Samaín acadou o certificado de publicación dixital.
Esperamos que disfrutes.
(lembra que se queres xogar en pantalla completa tes que premer no botón superior da dereita con forma de cadrado)



Se queres estar máis informado sobre o tema dos Dereitos Humanos, podes visitar a páxina do noso cole (preme no nome do colexio)
CEIP. RÍA DE VIGO

jueves, 9 de diciembre de 2010

Decoramos o abeto de Nadal

Navegando pola rede, atopamos unha aplicación Flash moi divertida coa que podemos escoller a árbore de Nadal que queremos decorar e colocar todos os obxectos e adornos ao noso gusto.
Para xogar, preme no debuxo que tes abaixo e accederás á páxina onde está aloxada o xogo; segue os pasos que se indican e a xogar!!!



sábado, 4 de diciembre de 2010

O protagonista da semana: MATEO

Esta semana, o protagonista foi  Mateo e onte recibimos a visita da súa familia: a súa nai e o seu pai.
Mateo ensinou a todos e todas os presentes as actividades realizadas ao logo de toda a semana; despois, tocoulle o turno á súa familia.
O primeiro que quixeron compartir con nós foron os peixes que teñen na casa... son chulísimos!!! e todos e todas corrimos xunto do recipiente para velos máis de preto. 
A continuación, os contos foron os protagonistas. En total, tres contos totalmente diferentes e moi interesantes.
O primeiro titulado "Siempre te querré".
Os outros dous foron libros de coñecementos onde Mateo se desenvolve á perfección; dinosaurios e montruos son os seus temas preferidos e así quedou presente no día de protagonista...
...ata trouxo unha serpe xigante coa que todos e todas puidemos facernos fotos!!!... pasámolo pipa.

Cando rematamos coa sesión de fotos, o pai de Mateo nos ensinou a través do ordenador unha secuencia de imaxes onde puidemos ver distintos momentos da vida do protagonista e coñecer unha das súas actividades favoritas: o auga.
Para rematar esta visita tan divertida, tocaba facer un xogo onde o pasamos moi ben e tamén nos fixemos algún que outro lío... xogamos ao Twister... un xogo onde a ruleta vai indicando sobre cal cor tes que poñer mans e pés... máis de un non sabía xa onde tiña as partes do seu corpo...
O protagonista tamén quixo facer entrega dunhas gominolas e entregou a súa familia o diploma correspondente por participar nesta xornada de venres.
Coma sempre... MOITAS GRAZAS!!!

jueves, 2 de diciembre de 2010

Conto: "Estamos no outono"

Os nenos e nenas de 5 anos estivemos a traballar nas nosas clases de informática para elaborar un conto sobre o outono.
Coa axuda da nosa mestra Tic, Paula, puidemos facer de guionistas, narradores,... elaboramos o texto sobre as características do outono, os debuxos necesarios, o son, etc.
Aquí está o resultado: un conto sobre a estación do ano na que caen as follas, ven o frío, comeza o cole e moitas características máis.
O vídeo orixinal, de momento, non o podemos subir ao blogue porque "pesa" moito pero temos esta versión menos "pesada" que, aínda que non se vexa tan ben, esperamos que disfrutedes...
Xa nos comentaredes que vos parece...

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Reutilizamos os rotuladores

Fai uns días, publicamos neste blogue unha idea moi divertida para reciclar as ceras (preme no título de abaixo para lembrar a publicación)


Hoxe a "cousa" tamén vai de reutilizar pero esta vez os rotuladores. Da man da nosa compañeira Rosa do CEIP. O Pombal, descubrimos esta idea para que os rotus gastados non vaian directamente a papeleira.
A reutilización consiste en poñer eses rotus que xa non pintan nun recipiente con auga... día tras día, soltarán toda a tinta que aínda teñen e tinguirán a auga da cor correspondente. Agora temos auga de cores que podemos utilizar como acuarelas... que boa idea!!!... GRAZAS MESTRA ROSA.
E ti, coñeces algunha idea para reutilizar as cousas???... podes deixar as túas suxerencias e comentarios... adiante!!!