domingo, 30 de enero de 2011

Celebramos o DÍA DA PAZ

O pasado venres, 28 de xaneiro de 2011, celebramos no cole o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Como este curso escolar, o "tema central" que marca as nosas actividades son os bosques, decidimos elaborar un gran bosque de Paz na corcheira que está situada no porche; para iso, todas as aulas elaboraron a súa propia árbore onde as ramas e as follas eran as súas propias mans.
O fondo do mural de cada curso era unha cor da CDU (o sistema que utilizamos na BiblioRía para clasificar os libros) e nas follas podiamos ler mensaxes de PAZ, traballadas nas aulas.

Aquí tedes unha mostra das árbores elaboradas en Educación Infantil.

3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
Cando chegaron as 12:30 horas da mañá, todos os cursos baixaron ao porche onde procedimos ao "colgado"-"grapado" das árbores, seguido dun discurso de Paz elaborado polo alumnado de 6º de Primaria. Así de chulo quedou o mural.
Posteriormente, baixamos ao patio onde realizamos un baile coa canción "O xogo da carrasquiña" do libro CD-DVD "Na punta do pé". Ao rematar, botamos a voar a unha pomba mensaxeira para que leve a mensaxe de Paz por todo o mundo.


SE QUERES LER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA CELEBRACIÓN POLA PAZ OU VER A TOTALIDADE DAS IMAXES, PREME NO ENLACE DE ABAIXO E ACCEDERÁS Á PÁXINA DO COLE ONDE PODERÁS ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN.



No hay comentarios:

Publicar un comentario