sábado, 12 de febrero de 2011

O protagonista da semana: DIEGO NOVOA

Este venres, día 11 de febreiro de 2011, recibimos na nosa aula a Jose, o pai do protagonista. Esta semana era o turno de Diego Novoa e a súa familia tamén participou neste proxecto anual que tan boas experiencias nos está a deixar.
Ás 10:00 horas da mañá, a porta da aula recibiu ao pai do "prota"...
 ... e o primeiro que fixemos foi mostrarlle as actividades desenvolvidas por Diego durante a súa semana de reinado. En elas, puidemos coñecer como era de pequeno, os integrantes da súa familia, cando pesou e medíu cando "chegou ao mundo",... todo isto, baixo a atenta mirada do seu pai e de todos os seus compañeiros e compañeiras.
 Agora, deixámoslle o turno a Jose e, para comezar, nos presentou un conto moi divertido onde puidemos descubrir un montón de animais mariños.
 Outra das actividades que nos gustou moito, foi ver imaxes da vida de Diego. Descubrimos as súas fotos de pequeno, ao seu irmán, a integrantes da súa familia, ás súas mascotas,...
 Diego e o seu pai estaban moi ledos, disfrutando ao máximo da actividade!!!
 A última parte da visita consistiu nunha rolda de prensa onde os nenos e nenas da aula preguntabamos as cuestións que nos despertaban máis interese, e que Jose e Diego contestaron sen ningún problema.
O protagonista e máis o seu pai agasallaron a todos os presentes cunhas saborosas "chuches"...
 ... e Diego lle sixo entrega ao seu pai do diploma que conmemora a súa participación co proxecto.
 MOITAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario