lunes, 27 de junio de 2011

Fotos da Festa de Fin de Curso

Xa podedes acceder ás imaxes da Festa de Fin de Curso que se celebrou o pasado mércores, 22 de xuño de 2011.
Grazas o Anpa, poderedes descargar a foto do voso fillo, filla, familiar,... soamente tedes que acceder ao seu Álbum Picasa onde teñen aloxadas a máis de 300 fotos da festa.
Aquí vos deixamos o enlace:

BLOGUE DO ANPA: 


miércoles, 22 de junio de 2011

Portavelas elaborado polo alumnado de 4 anos

Durante estes últimos días de xuño, os nenos e nenas de 4 anos estiveron a elaborar un portavelas moi chulo co cal agasallaron ás súas familias e os empaquetaron dentro destas bolsiñas tan "discretas"
 Os portavelas os fixemos con vasos de cristal de iogur aos que lles pegamos papeis de seda de cores. Por enriba, e para fixar ben os papeliños, botamos un pegamento especial da marca Jovi xa que coa cola branca "de toda a vida" non pegaban ben.
 Para rematalos, unha vela dentro do vaso e un pouco de cinta de agasallos e lana para decorar a parte superior.
 Quedaron chulísimos verdade???

jueves, 16 de junio de 2011

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Menuda boa sorpresa no Fin de Curso...



A auga 4 anos

Aquí vos deixamos o resultado das nosas investigacións e traballos sobre a auga... agardamos que vos guste e, xa sabedes, se queredes ver o traballo con máis detemento, podedes premer nun dos enlaces que tedes debaixo.


Enlace ás Galería de Imaxes da páxina web do cole:


Por outro lado, para rememorar o que foi a realización, motivación e experimentación sobre o tema da auga, podes ver as entradas anteriores feitas no blogue e relacionadas co tema premendo na palabra "auga" que aparece abaixo.

miércoles, 15 de junio de 2011

Agasallo para celebrar o Día Internacional das Familias

O pasado día 15 de maio, se conmemorou o "Día Internacional das Familias" e, a partires desta data, os nenos e nenas de educación infantil de 4 e 5 anos, decidiron elaborar un agasallo para as mesmas.
Así, puxéronse mans á obra e fixeron un pequeno "corcho" para as notas así como unha flor con diferentes mensaxes.
Aquí vos deixamos o resultado en imaxes:

Un conto, un cadro: Carapuchiña Vermella.

Este curso escolar, os nenos e nenas da aula de 3 anos, estiveron a traballar un proxecto sobre o conto "carapuchiña Vermella".
Xa dende principios do mesmo, decidiron realizar un cadro coa protagonista da historia e convertirse nuns verdadeiros artistas.
Cando o remataron, decidiron agasallar ás súas familias con esta obra de arte. Aquí vos deixamos, en imaxes, o proceso de elaboración do cadro... agardamos que vos guste!!!

O protagonista da semana 5 anos

Como ben sabedes, e así o contamos durante todo o curso, na aula de 5 anos se desenvolveu, durante todo o ano, o proxecto titulado "O protagonista da semana".
Dende o noso blogue, queremos dar as Grazas a todas as familias que participaron no mesmo; aquí vos deixamos co libro que cada un dos nenos e nenas da aula levou para a súa casa.

Se queredes lembrar a semana de protagonista de cada un dos nenos e nenas da aula, podedes premer no enlace que aparece debaixo:

ACCEDE ÁS DIFERENTES ACTIVIDADES E VISITAS DO PROTAGONISTA DA SEMANA

Por outro lado, se queres ver o proxecto máis a modo, podes acceder aos nosos Álbumes Picasa onde atoparás tanto este como outros proxectos de Educación Infantil, así como actividades variadas que poderás descargar sen problema.

ÁLBUM DO PROXECTO "O PROTAGONISTA DA SEMANA". 5 ANOS

GALERÍA DA ÁLBUMES PICASA DE EDUCACIÓN INFANTIL

lunes, 13 de junio de 2011

O libro das letras 4 anos

Xa estamos a piques de rematar o curso e comezan a chegar os traballos elaborados polo alumnado das diferentes aulas ao blogue.
Hoxe, vos amosamos O LIBRO DAS LETRAS, elaborado polos nenos e nenas de 4 anos; as familias nos axudaron na súa elaboración xa que cada unha delas completou un abecedario con imaxes e nomes de obxectos, animais,... que comezaban pola letra marcada...
Moitas grazas a todos e todas e aquí vos deixamos cunha presentación do mesmo. Agardamos que vos guste.
Se queres ver cada unha das páxinas do libro con máis detemento, podes premer no seguinte enlace e accederás á páxina dos Álbumes Picasa de Educación Infantil onde, ademais de atopar este traballo, poderás descargar actividades variadas.

https://picasaweb.google.com/colaboracoawebdocole/OLibroDasLetras4Anos#

lunes, 6 de junio de 2011

5 de Xuño: Día do Medio Ambiente

Grazas á mestra Belén Junquera (http://casadetolos.nireblog.com/), descubrimos este vídeo tan chulo e aquí volo amosamos aproveitando que onte, 5 de xuño, se celebrou o día do Medio Ambiente.