lunes, 28 de noviembre de 2011

25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado venres, 25 de novembro, conmemoramos na escola o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Este ano, nas aulas de educación infantil elaboramos uns murais titulados "PODO SER O QUE QUEIRA" en relación á actividade proposta dende o sindicato STEG.
(aquí vos deixamos a ligazón das diferentes actividades e onde poderedes atopar a que levamos a cabo o venres

Fixemos unha asamblea co alumnado onde falamos dos diferentes oficios, que persoa pode realizar determinadas profesións, ... presentando diferentes "traxes" dos oficios pero sen o debuxo da cara.
Cada un dos nenos e nenas colleu a súa foto e a colocou xunto co traxe da profesión elixida, recalcando en todo momento que a poderían realizar tanto homes coma mulleres.
Con todas esas imaxes, realizamos un mural por aula titulado PODO SER O QUE QUEIRA e onde queda constancia que cada un pode escoller libremente o oficio que quere desenvolver nun futuro, pero sen diferencias de xénero nin discriminacións.

Por outro lado, lembramos o conto titulado "Mis abuelos" do libro "Pepe y Felisa" e realizamos xogos cooperativos onde os bicos e as apertas foron os protagonistas.

Ata a próxima!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario