lunes, 31 de enero de 2011

Primeiros pasos coa Pizarra Máxica

Os nenos e nenas de 3 anos comezaron hoxe a xogar coa "pizarra máxica", "edi", "pizarra dixital" ou como queiramos chamar a este aparello que tanto gusta ao noso alumnado e tan bos momentos desperta.
Coa utilización dun só dedo, evidentemente cos polviños máxicos que espolvorea a mestra Paula, podemos mover os obxectos, pintar e, sobre todo, aprender xuntos.
Aquí vos deixamos unha pequena recompilación de actividades para os primeiros días de uso da pizarra máxica.
Podemos comezar a xogar con actividades sinxelas para unha primeira toma de contacto. Unha das páxinas que lle gustan moito é a de Jackson Pollock.

(cando accedas á páxina, preme en Enter JacksonPollock.org e comeza a mover o dedo pola pizarra, xa verás a obra de arte que fas)

Outra delas é

http://www.helpkidzlearn.com/creative/mouse_movements/MouseMovements.shtm

(cando entres nesta páxina, preme na frecha co fondo verde que atopas e chegarás a unha páxina para mover o rato e facer as túas obras de arte)


 Por último, presentamos unha páxina onde poder crear con plastilina

http://lnx.rebujito.net/images/pizarra/rainbow.swf

(cando accedas a esta páxina, preme en "Let's play" e poderás comezar a crear coa plastilina, escoller a escena que precises ou que máis te apetece, escoller os obxectos que queres utilizar, etc.)


Por último, queremos recomendar dos xogos cos que contamos nos ordenadores do colexio e que tanto gustan ao alumnado.

MINISEBRAN

SEBRAN
AGARDAMOS QUE ESTES RECURSOS SEXAN DO VOSO INTERES. ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS COAS VOSAS OPINIÓNS.

domingo, 30 de enero de 2011

Día da Paz: "O xogo da carrasquiña"

Como xa comentabamos na entrada anterior, para celebrar o Día da Paz decidimos facer un baile coa canción "O xogo da carrasquiña".
Aquí tedes o vídeo da interpretación; esperamos que vos guste.
video

Celebramos o DÍA DA PAZ

O pasado venres, 28 de xaneiro de 2011, celebramos no cole o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Como este curso escolar, o "tema central" que marca as nosas actividades son os bosques, decidimos elaborar un gran bosque de Paz na corcheira que está situada no porche; para iso, todas as aulas elaboraron a súa propia árbore onde as ramas e as follas eran as súas propias mans.
O fondo do mural de cada curso era unha cor da CDU (o sistema que utilizamos na BiblioRía para clasificar os libros) e nas follas podiamos ler mensaxes de PAZ, traballadas nas aulas.

Aquí tedes unha mostra das árbores elaboradas en Educación Infantil.

3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
Cando chegaron as 12:30 horas da mañá, todos os cursos baixaron ao porche onde procedimos ao "colgado"-"grapado" das árbores, seguido dun discurso de Paz elaborado polo alumnado de 6º de Primaria. Así de chulo quedou o mural.
Posteriormente, baixamos ao patio onde realizamos un baile coa canción "O xogo da carrasquiña" do libro CD-DVD "Na punta do pé". Ao rematar, botamos a voar a unha pomba mensaxeira para que leve a mensaxe de Paz por todo o mundo.


SE QUERES LER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA CELEBRACIÓN POLA PAZ OU VER A TOTALIDADE DAS IMAXES, PREME NO ENLACE DE ABAIXO E ACCEDERÁS Á PÁXINA DO COLE ONDE PODERÁS ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN.



viernes, 28 de enero de 2011

O protagonista da semana: SAMUEL HERMIDA

Hoxe, venres 28 de xaneiro, o noso protagonista foi Samuel Hermida e recibimos na nosa aula a Carmen, a súa nai.
O primeiro que fixemos foi mostrarlle as actividades que fixo Samuel ao longo da semana e a mestra Tere axudou ao "prota" nesta tarefa.
A continuación, puidemos desfrutar na nosa aula cunha gran cantidade de xoguetes que teñen un significado especial para o protagonista, así como un milleiro de fotografías nas que se recollían diversos momentos da vida de Samuel.

 Samuel quixo traer á escola este sombreiro tan chulo de Bob Esponja!!!
 Compartiu os seus xoguetes con todos os nenos e nenas da aula. Foi pasando por cada unha das mesas e deixando que todos e todas puideran xogar "un anaquiño" con eles.
Tamén puidemos escoitar o son do mar a través dunha caracola. 
Grazas a Carmen, que trouxo un libro de adiviñas, pasamos un bo rato intentando adiviñar as solucións das mesmas. O protagonista axudou a súa nai a ler os textos.
Nesta xornada de venres, non podían faltar os contos; esta vez, tocou un conto tradicional: PINOCHO. Pero Carmen non trouxo soamente o conto, tamén o títere de Pinocho que contaba a historia con ela e máis con Samuel!!!
Tamén tivemos "momentos musicais" e unha mascota un pouco perezosa!!!
A nai de Samuel cantou e nos ensinou unha canción na que tiñamos que utilizar as nosas mans e onde os diferentes dedos da man aparecían de un en un, se presentaban e se saludaban.
 Cando andabamos nos noso tempo musical, decidimos que era o momento de "espertar" á mascota de Samuel: un hamster moi pequeniño... pero non houbo maneira, non quixo saír do seu escondite, tiña un pouco de vergoña, polo que decidimos continuar bailando un pouquiño...
 ... o fixemos cunha canción dos Lunnis: "Dame tu mano".

Xa para rematar esta xornada chea de actividades, Samuel repartiu entre os seus compañeiros e compañeiras unhas bolsas de chuches e nós lle fixemos entrega a súa nai do tradicional diploma do que tantas veces vos falamos.
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!!!

martes, 25 de enero de 2011

LIM COLABORATIVO: A PAZ

Como xa pasou no Outono-Samaín e no Día dos Dereitos Humanos, a Asociación TADEGa publica no seu blogue un libro LIM colaborativo, esta vez sobre a Paz. Como xa é tradicional, a mestra Paula colaborou aportando as súas actividades así como outros mestres e mestras.
Aquí tedes o resultado... esperamos que vos guste e que disfrutedes xogando.
 Lembra que para xogar en pantalla completa, debes premer no botón con forma de cadrado situado na parte superior dereita.


Podes visualizar esta actividade dende a páxina da Asociación TADEGa, no enderezo que tes debaixo:


lunes, 24 de enero de 2011

Blogue ANPA Ceip. Ría de Vigo

A ANPA do noso cole ten un blogue... cada vez somos máis na nosa escola!!!
Animamos a todos os nosos usuarios e usuarias a visitar o seu enderezo web e deixar os seus comentarios así como visitar as súas galerías de imaxes e descargar o que precisen.
Aquí abaixo tedes a imaxe do blogue e dos Álbumes Picasa de imaxes (preme no que queiras visitar e accede a eles)

domingo, 23 de enero de 2011

O protagonista da semana: SOL

Este venres, día 21 de xaneiro, tocoulle o turno de protagonista a Sol.
Coma sempre que recibimos ás familias, o primeiro que facemos é ensinar os traballos realizados ao longo da semana; neste caso, Sol, xunto coa mestra Tere, realizou a presentación das súas fichas baixo a atenta mirada da súa nai.
A continuación, Paola, a nai de Sol, amosounos unha presentación dixital de imaxes que percorrían a vida da protagonista dende o seu nacemento; ademais, tamén compartiu con todos nós unhas fotografías en papel que foron "visitando" as mesas dos compis da aula.
O que descubrimos grazas a súa nai foi que Sol é unha gran deportista; ten milleiros de trofeos e medallas na súa casa que, xuntos cos do seu pai, forman unha gran colección de éxitos deportivos!!!
Nesta xornada, tamén puidemos dar unha volta polo mundo e trasladarnos ao Uruguay, lugar de nacemento da familia de Sol. Grazas a Paola, puidemos descubrir que alí toman unha bebida moi característica chamada "mate".
Tamén sabemos que non utilizan os euros senón os chamados "pesos". 
Como é característico nestas sesións, non puido faltar a rolda de preguntas por parte dos compañeiros e compañeiras da aula; así, descubrimos algunhas cousiñas máis da nosa protagonista.
Para rematar, tocaba a entrega de "chuches" por parte da protagonista e a entrega á nai de Sol do diploma que acredita a súa participación no proxecto.
GRAZAS PAOLA!!!