sábado, 30 de abril de 2011

Sesión co contacontos Benxamín Míguez Novoa

 Onte venres, recibimos na BiblioRía ao contacontos Benxamín Novoa.
Os afortunad@s foron os nenos e nenas de 5 anos que estiveron acompañados polo alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Pasámolo moi ben escoitando contos onde tres dos nosos compañeir@s foron os protagonistas. César, Noa e Pedro foron os escollidos para protagonizar as tres historias que nos contou Benxamín. Dende monstruos, pasando por ratos, formigas,... inundaron a BiblioRía durante esta xornada así como quedaron reflectidos nos debuxos que o contacontos debuxaba nas follas... aquí tedes unha pequena mostra.

Máis información: http://www.biblioria.blogspot.com/

jueves, 28 de abril de 2011

Mostra dos nosos libros das árbores (II)

Como xa comentabamos na entrada anterior, durante o mes de abirl celebramos o MES DO LIBRO.
O martes, voltamos das vacacións de Semana Santa e os nenos e nenas de 3 e 5 anos foron os primeiros en visitar a "Mostra dos nosos libros das árbores", onte, mércores, lles tocou o turno ao alumnado de 4 anos.
Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes do seu paso pola BiblioRía...

martes, 26 de abril de 2011

Mostra dos nosos libros das árbores (I)

 
Hoxe, no cole, comezou a Mostra dos libros das Árbores. Como ben sabedes, todo o alumnado de cole foi levando ás súas casas unhas follas con forma de árbore; nelas tiñan que pegar unha fotografía da súa árbore favorita, cubrir os buraquiños coa información da árbore e, por detrás, contarnos algunha historia persoal relacionada coa mesma.
Pouco a pouco, fomos recibindo a información de cada unhas das árbores e, con todas elas, cada aula elaborou un libro. Este mes, celebramos o MES DO LIBRO (En abril, libros mil) e hoxe comezou a mostra con todos eles.
Aquí tedes unhas imaxes da decoración da BiblioRía. Por outra banda, tamén poderedes ver uns marcapáxinas e unhas saborosas gominolas con forma de rosa que, cada un dos nenos e nenas, reciben ao facer o préstamo de libros.
Gaspar nos tiña preparadas unhas saborosas gominolas!!!... e tamén uns marcapáxinas moi chulos!!!
LIBRO ELABORADO POLAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS
(4º Educación Infantil)
LIBRO ELABORADO POLAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4 ANOS
(5º Educación Infantil)
LIBRO ELABORADO POLAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS
(6º Educación Infantil)
Se queredes coñecer máis información, podedes visitar o blogue da nos BiblioRía onde publicamos as novas das actividades realizadas na mesma así como información de interese relativa a autores, libros,... Aquí vos deixamos o seu enderezo:


viernes, 15 de abril de 2011

BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!!!

A protagonista da semana: NAYRA

Esta semana, a protagonista na aula de 5 anos foi Nayra e, hoxe venres, recibimos a súa nai e ao seu tío para pasar xunto a eles unha divertida xornada.
O primeiro que tocaba, coma sempre, era ensinar a todos os presentes as actividades realizadas por Nayra durante a semana para así coñecer máis detalles da súa vida.
A continuación, Nayra decidiu ensinar un dos seus xoguetes favoritos... tivemos que estar moi caladiños para poder escoitar o son deste gatiño que tanto lles gustou aos nenos e nenas da aula.
Posteriormente, chegou o turno de "afinar o oído" e escoitar as melodías que o tío de Nayra interpretaba, acompañado polo seu baixo, e que os nenos e nenas tiñan que adiviñar... adiviñamos todas as cancións!!!
Despois da música, tocou facer de xornalistas e preguntar todas esas dúbidas que tiñamos sobre a protagonista... dirixidas a súa nai Andrea, ao seu tío Pedro ou a Nayra, investigamos sobre todas aquelas cousiñas que máis nos interesaban...
E, como non, despois de cantar e falar tocaba... pois iso, bailar un pouquiño... escollimos no ordenador do cole as cancións favoritas da protagonista e as bailamos ao noso ritmo; a continuación, as nenas da aula que van a danza quixeron interpretar algún dos bailes que ensaian e fixeron unha pequena representación na aula (a nosa protagonista estaba entre elas)
... e, despois de tanto baile, a protagonista quixo entregar a cada un dos seus compañeiros e compañeiras uns chupa-chups e uns agasallos sorpresa que puidemos apalpar cos ollos pechados para adiviñar o que era... chegou o momento e puidemos abrir os paquetes... silbatos e aparellos para facer pompas de xabón... que chulada!!!... evidentemente, non puidemos deixar pasar a ocasión de facer pompiñas pola aula.
Nós tamén tiñamos un agasallo para a familia de Nayra; a protagonista fixo entrega á súa nai e ao seu tío do correspondente diploma que agradece a súa presenza na aula e participación no proxecto.
MOITAS GRAZAS!!!

martes, 12 de abril de 2011