viernes, 28 de octubre de 2011

Volta ás aulas o mércores, 2 de novembro

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS


LEMBRAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE A INCORPORACIÓN ÁS AULAS SERÁ O VINDEIRO
MÉRCORES, 2 DE NOVEMBRO


martes, 25 de octubre de 2011

Tempo de Samaín

Como todos os anos por estas datas chega o Samaín. Historias de medo, lendas e cabazas son as protagonistas desta celebración de orixe celta.
Para xogar e divertirnos, imos lembras as dúas actividades LIM realizadas durante o curso pasado e coas que poderedes traballar vocabulario sobre o tema.

(podes xogar en pantalla completa, premendo no botón superior de dereita con forma de cadro)
Libro colaborativo LIM sobre o Samaín

Por outro lado, na páxina web do colexio

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/

poderedes atopar milleiros de recursos na rede para traballar o Samaín. Aquí vai a ligazón (para acceder a ela, preme no enderezo)

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/node/115

lunes, 24 de octubre de 2011

Traballamos co número 1

"Traballamos co número 1" é o título dunha nova actividade para a "Pizarra Máxica" (Encerado Dixital Interactivo).
Coma sempre, a poderedes descargar sen problema. Accede á Wiki do cole onde as temos almacenadas e descarga o que necesites.
Ata a próxima.

(preme no debuxo ou na ligazón que aparece debaixo del)





domingo, 16 de octubre de 2011

Actividade LIM: "Jugamos con los colores"

Xa podedes xogar con esta actividade LIM sobre as cores.
Lembrade que, para poder xogar en pantalla completa, tedes que premer no recadro que aparece na parte superior dereita do xogo.

sábado, 15 de octubre de 2011

Canción: Jugamos con los colores

Aquí vos presentamos este vídeo elaborado pola nosa mestra Paula e que nos servirá de axuda para traballar as cores.
video

Poderedes atopar a versión orixinal do vídeo na seguinte ligazón:

http://www.youtube.com/watch?v=bWJgKL2hK9A

e tamén poderedes atopar outras versións na rede como a seguinte:

http://www.youtube.com/watch?v=q0sqMxceh2Q

Actividade para o EDI: "BUSCA EL COLOR"

Esta actividade consiste en atopar a cor que se indica. A dificultade do xogo vai aumentando a medida que imos avanzando. Nun primeiro momento, se presentan dous círculos de cor diferente e teñen que tocar a indicada. Posteriormente, aparecerán 3, 4, 5 e 6 círculos e deberán atopar a cor que se manda entre os demáis.

Todas as follas teñen son e son autocorrixibles, é dicir, cada vez que tocan na cor correcta escoitarán "Muy bien, has acertado" e, cando non acertan, escoitan "No, no, inténtalo de nuevo".

Para descargar a actividade, podes premer no debuxo superior ou na ligazón que aparece debaixo.


miércoles, 12 de octubre de 2011

Nova actividade para o EDI: "Las hojas del árbol"

Aquí vos deixamos a ligazón para poder descargar unha nova actividade para xogar co EDI (Encerado Dixital Interactivo) titulada "Las hojas del árbol"
A través dela, poderemos traballar a grafomotricidade vertical e horizontal así como clasificar e identificar as cores das follas do outono (verdes, amarelas, vermellas, laranxas e marróns).
Fundamentalmente, está dirixida ao alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) aínda que todos os niveis poidan traballar con ela.
Preme no debuxo para acceder á nosa Wiki onde temos almacenadas todas as actividades para a "pizarra máxica".


martes, 11 de octubre de 2011

Celebramos o 12 de Outubro

Mañá, mércores 12 de Outubro, se celebra o Día da Hispanidade no que se conmemora o Descubrimento de América por parte de Colón.
Aquí vos deixamos con esta divertida canción para celebralo; agardamos que vos guste.


lunes, 10 de octubre de 2011

En 5 anos... traballamos os números dunha forma moi divertida!!!

Que ben o pasamos na aula de 5 anos e a cousa é que... os números son moi divertidos!!!... e tanto que si!!!
A partires de cousas ben coñecidas por nós e cotidianas descubrimos que... os números andan por todas as partes!!!
Así, entre todo o alumnado da aula, decidimos investigar onde podemos atopar os números; o primeiro lugar onde decidimos buscar foi nos nosos zapatos... cada un de nós ten unha talla no mesmo que indica a medida dos seus pés e que nos axuda cando imos mercar un par novo non si??
Pois iso é o que estamos a facer na aula... cada un de nós ten que descubrir cal é a súa talla do zapato.
Axudámosnos entre todos e todas...
... e tamén o anotamos nunha folla de rexistro onde escribimos todas as tallas.
Facemos gráficas cos resultados.
E, como non, as nosas investigacións nos levan a deducir e entender diferentes conceptos.
Xogamos a facer gráficas.
Como nos gusta aprender así!!!

lunes, 3 de octubre de 2011

Atopa ao diferente. Xogamos no Outono (Actividade para a pizarra máxica)

Xa está dispoñible no noso espazo web adicado ás actividades para a "pizarra máxica" un novo arquivo chamado:


•ATOPA AO DIFERENTE. XOGAMOS NO OUTONO (Educación Infantil)
Consiste nun sinxelo xogo, orientado ao alumnado de tres anos, no que os nenos e nenas deben localizar a imaxe diferente das seis que se presentan en cada pantalla; así, traballamos a atención con eles ao mesmo tempo que se divirten xogando co EDI (Encerado Dixital Interactivo).
Para proceder a súa descargar, soamente tes que premer no enderezo que aparece abaixo; lembra que para poder visualizar o arquivo tes que ter instalado no teu ordenador o Software correspondente para a pizarra.