lunes, 31 de diciembre de 2012

Boa noite de FIN DE ANO

Que pasedes un moi bo FIN DE ANO e... moito coidadiño cando comades as uvas!!!
DESEXAMOS QUE SE CUMPRAN TODOS OS VOSOS SOÑOS!!!
Neste blog, este ano 2012 foi moi satisfactorio; pechamos este ciclo con máis de 30.000 visitas e desexamos que, o próximo ano, continuedes a disfrutar das nosas entradas.

lunes, 24 de diciembre de 2012

Que pasedes unha fantástica NOITEBOA

Hoxe é 24 de decembro, o día de Noiteboa.
Desexo que todos e todas pasedes un día fantástico.
Por certo nenos e nenas, lembrade que tedes que marchar cedo para a cama... esta noite, estarei repartindo os agasallos por todo o mundo.

viernes, 21 de diciembre de 2012

Felices vacacións de Nadal

Hoxe, comezan as Vacacións de Nadal e despediremos o 1º trimestre cunha visita moi especial: a dun Rei Mago... (aínda non sabemos cal nos visitará)
Pouco a pouco, iremos compartindo con todos/as as imaxes e vídeos das actividades destes días; aínda estamos recompilando todo e, dentro de pouco, subiremos ao blog as imaxes e vídeos do Festival de Nadal así como as imaxes das sorpresas que nos depare esta última xornada.
Mentres tanto, un pequeno adianto...

AULA 3 ANOS
 "ARRE BORRIQUITO"
 AULA 4 ANOS
 "SANTA CLAUS LLEGÓ A LA CIUDAD"
 AULA 5 ANOS
 "EL RENO RODOLFO"

martes, 18 de diciembre de 2012

O protagonista da semana: ANDRÉS


Esta semana, do 10 ao 14 de decembro, o protagonista foi:
ANDRÉS
Na penúltima semana do 1º trimestre o protagonista foi Andrés. Deste xeito, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén nos amosou moi contento as súas cousas favoritas: peluche, xoguetes, a roupa de fútbol,...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, nos amosou o pequeniña que era a súa roupa e,coa cinta métrica, comprobamos canto medrou.
O venres día 14,  tivemos a visita do seu papá e da súa mamá, Ángel e Mara; viñeron acompañados por unha das súas mascotas, o peixe Lucho, un fermoso peixe dourado que estaba un pouco incómodo e asustado porque o tiveron que traer nun tarro de cristal (normalmente vive nun acuario moito máis grande) Ángel contounos moitas cousas sobre os peixes e os coidados que hai que ter con eles.
Chegou o momento das preguntas e nos enteramos como é Andrés na casa. A súa mamá contounos que foi un bebé moi tranquilo, que durmía moito e comía moito; tamén nos contou que lle gusta moito xogar, que ás veces fai rabiar á sua irmá Raquel, pero que tamén axuda a facer cousas e pon a mesa para o almorzo. 
Ah! e o que máis lle gusta son os bocatas de "Nocilla".
A continuación, a súa mamá contou “LOS RESCATADORES EN CANGUROLANDIA”, que nos gustou moito.
E, xa para rematar, Andrés repartiunos uns agasallos que fixo coa sua mamá na casa: uns marcapáxinas cunha felicitación de Nadal.
 E, como sempre, antes de despedirnos, démoslle as grazas, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

lunes, 17 de diciembre de 2012

Unha chea de familias

Aquí vos deixamos unha pequena parte do precioso traballo realizado polo alumnado de 5 anos.
Estiveron a ler e traballar sobre o conto "Unha chea de familias", de Xosé Neira Cruz e, cada un dos nenos/as, elaborou este libro que agardamos vos guste.

viernes, 14 de diciembre de 2012

Actividades programadas para o Nadal

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O NADAL
campana
MÉRCORES, 19 DE DECEMBRO, ÁS 12.45 hs.
FESTA DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA
     4º Ed. Infantil: Canción "Arre borriquito"
     5º Ed. Infantil: Baile "Santa Claus llegó a la ciudad"
     6º Ed. Infantil: Canción "Rodolfo el reno"
     1º Ed. Primaria: Representación luz negra "A que sabe a lúa?"
     2º Ed. primaria: Representación de títeres "Chivos Chivóns" 
     e poesía "Los camellos comilones"

XOVES, 20 DE DECEMBRO, ÁS 12.45 hs.
FESTA DE NADAL DE 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA
     3º Ed. Primaria: Panxoliña con luz negra "Buscando una estrela"
     4º Ed. Primaria: Teatro "Os apuros dos tres Reis Magos"
     6º Ed. Primaria: Conxunto instrumental "Canon"
     5º Ed. Primaria: Conxunto Instrumental "Melodía Hebrea"

Os días 19 e 20 a apertura de centro para a entrada de público á festa será ás 12.30 hs. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais.
Para mellor aproveitamento das actividades presentadas, AS FAMILIAS SOMENTES PODERÁN ASISTIR AOS ACTOS PROGRAMADOS O DÍA QUE ACTÚEN AS SÚAS FILLAS/OS.
Coma sempre, e por respecto ao traballo realizado polo profesorado e, sobre todo, polas nenas e nenos da escola, lémbrase a necesidade de manter o máximo silencio durante as funcións. Así mesmo, lémbrase que NON SE PODE FACER USO DAS PORTAS DE ENTRADA AO XIMNASIO DURANTE AS FUNCIÓNS E NON SE PODE OCUPAR A ZONA ACOTADA PARA O ALUMNADO.
A ANPA vai realizar unha reportaxe fotográfica que, posteriormente, vai estar a disposición de todos/as vós.

VENRES, 21 DE DECEMBRO
En horario por definir, e coa colaboración da ANPA, contaremos coa visita do Rei Melchor, realizaremos unha chocolatada e asistiremos á proxección da película "Tintín". AS ACTIVIDADES DESTE DÍA ESTÁN DESTINADAS, EXCLUSIVAMENTE, AO ALUMNADO DO COLEXIO.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Festa fin do proxecto "O medo". Aula de 4 anos

Hoxe, xoves 13 de decembro, disfrutamos na aula de 4 anos dunha xornada de festa para finalizar o noso proxecto sobre o medo.
Bruxas, pantasmas, demos,... inundaron a escola durante esta xornada "tenebrosa".
As mestras Paula e Emma tamén se apuntaron á xornada de disfraces de medo... que simpáticas!!!
Tivemos tempo para xogar, divertirnos, compartir e, tamén, para cociñar. Elaboramos unhas saborosas arañas con galletas e chocolate e as degustamos xunto cunhas madalenas, gusanitos,... mirade o resultado.
Días atrás elaboramos estas divertidas bolsas para poder levar todos os nosos traballos e manualidades; hoxe, estivemos a gardar todas as cousas dentro delas... que chulas son!!!
No seu interior, levamos o traballo en papel sobre o medo,
os nosos fantasmas-chupa-chups,
os nosos botes porta-lapis
a nosa manualidade sobre o protagonista do cadro "El grito", de Munch
e todas aquelas cousas aportadas para a mostra do medo da aula.
Coma sempre, nos gustaría dar as GRAZAS a todas as familias pola súa gran colaboración con este traballo.
Ata a próxima.

Como facer un postre moi tenebroso

Hoxe, vos presentamos unha receita saborosísima para realizar nas casas ou nas aulas: arañas tenebrosas.
Para a súa realización, precisaremos os seguintes ingredientes:
 En primeiro lugar, cubrimos unha cara da galleta con crema de cacao; a continuación, colocamos dúas bolitas de chocolate para formar os ollos e uns anacos de palo Mikado para crear as patas da araña.
Aquí tedes o resultado: