martes, 31 de enero de 2012

Xogamos cos piratas e coas letras

Nova actividade para o EDI, nesta ocasión titulada: "Xogamos cos piratas e coas letras".
Dende a Wiki do colexio, onde aloxamos todas as actividades para a pizarra máxica, poderedes descargar o contido sen problema, alí atoparedes a versión en galego e en castelán.
Preme na imaxe ou no enderezo web que aparece debaixo e... a xogarrrr!!!



viernes, 27 de enero de 2012

Creando caras

Hoxe, vos propoñemos unha divertida actividade para traballar no EDI cos nenos e nenas de 3 anos... bueno, ou cos maiores que seguro lles gusta.
Todas as mañás, o encargado/a decide que neno/a da aula quere que faga o seu debuxo; así, todos os días traballamos o esquema corporal e, para que vexades os resultado aquí vai un debuxo... están moi ben verdade?
 Por outro lado, decidimos debuxar entre todos nun papel a o encargado/a para despois que o pinte.
 Para seguir disfrutando, aquí vos deixamos esta divertida actividade coa que poderedes crear caras tan divertidas coma as das imaxes que aparecen debaixo.
Para descargar a actividade, podes premer na imaxe inferior ou na ligazón seguinte: 

 

martes, 24 de enero de 2012

Actividade EDI: "50x15 Piratas"

Como xa vos comentabamos na entrada anterior, compartiremos con todos e todas as diferentes actividades que estamos a elaborar para traballar sobre os piratas.
Unha delas e este xogo para o Encerado Dixital (pizarra máxica) baseado no programa de televisión "50x15, ¿Quieres ser millonario?"; o alumnado terá de contestar correctamente as 15 preguntas propostas para conseguir un agasallo final... non o dubides, e xogar con esta divertida actividade.
Para a súa descarga, podes premer na imaxe ou na ligazón que aparece debaixo.
  

lunes, 23 de enero de 2012

A cousa vai de... Piratas

"Suban a bordo, lean e naveguen" é o proxecto anual que este ano desenvolvemos na escola. Cada unha das aulas do colexio escolleu un barco para traballar e nós, dende infantil, decidimos traballar cos piratas.
Por todos os corredores do cole, poderedes atopar debuxos e murais das diferentes embarcacións; para ver as imaxes, podes visitar o blogue da BiblioRía (http://www.biblioria.blogspot.com/).
Aquí vos deixamos unha mostra dos barcos de 3, 4 e 5 anos... algúns deles todavía non están "convertidos" en barcos pirata pero, pouco a pouco, se transformarán.
Quedaron chulos, verdade?

Estade moi atentos ao noso blogue porque, pouco a pouco, "colgaremos" diferentes e variadas actividades para traballar cos piratas e as compartiremos con todos os nosos usuarios.
Ata a próxima.

lunes, 16 de enero de 2012

Actividades LIM para traballar a Paz

Xa queda pouco para celebrar o Día da Paz na escola.
Grazas ao traballo doutras mestras e mestres, podemos disfrutar destas actividades Lim. Poderedes atopar milleiros na páxina de Edilim, no seu apartado "Biblioteca", aquí vos deixamos a ligazón:
Para poder acceder e xogar con estas actividades, podes premer na imaxe correspondente ou no enderezo que aparece debaixo da mesma.






lunes, 9 de enero de 2012

Xa estamos de volta e... xa chegou o inverno.

Xa estamos aquí de novo!!! como non pode ser doutra forma, o primeiro que temos que dicir é que xa estamos nun ano novo: FELIZ ANO 2012!!!

Por outro lado, o inverno tamén chegou e as temperaturas comezaron a baixar. Por iso, queremos compartir con todos unha serie de recursos que atopamos na rede e que poderedes aproveitar nas vosas aulas ou nas casas.

  • Dende as seguintes ligazóns, poderedes lembrar actividades propostas neste blogue para traballar o inverno, así como unha actividade lim atopada na rede. Preme nos enderezos ou nas imaxes que aparecen abaixo e accede á información:

CHEGA O... INVERNO (Actividade LIM)
Actividades para traballar o inverno (Para repasar no EDI e de lectoescritura)
  • Por outro lado, na rede atoparedes milleiros de imaxes e recursos para disfrutar desta estación do ano:

Na páxina http://www.dibujosymanualidades.com/tag/invierno/ recopilan un montón de variadas actividades; algunhas delas serían estes dominós e memories (http://www.dibujosymanualidades.com/manualidades/juegos-de-invierno-domino-y-parejas/)... aquí vos deixamos unha mostra.
  • Xa para rematar, as tradicionais manualidades dos bonecos de neve: