lunes, 30 de abril de 2012

Xogamos cos cadrados

O xoves pasado, compartiamos neste espazo unha actividade online para traballar coas formas xeométricas; hoxe, queremos compartir con todos esta actividade para o EDI baseada no traballo cos cadrados. Coma sempre, lembrade que poderedes premer na imaxe ou no enderezo web de abaixo para poder descargar.


Por outro lado, nesta mesma páxina tamén poderedes descargar actividades sobre os círculos e triángulos.

jueves, 26 de abril de 2012

Xogos online para traballar coas formas

Navegando pola rede, atopamos no blogue http://elblogderinconesdeljardin.blogspot.com.es/ un recurso moi interesante para traballar as formas xeométricas cos máis cativos.
Se trata da páxina http://www.juegosarcoiris.com/juegos/; na mesma, podemos atopar xogos variados coma os seguintes:
 (para poder acceder a eles, soamente tes que premer na imaxe)

COLOCAR A FIGURA QUE VAI A CONTINUACIÓN

PINTAR AS FIGURAS DA COR QUE INDICA

MARCAR A FIGURA QUE É DO MESMO TAMAÑO

miércoles, 25 de abril de 2012

O Pirata Pepe chega ás aulas de 3 anos

O pasado venres, 20 de abril, chegaba ás aulas de 3 anos unha caixa "sorpresa"... que haberá dentro dela?
A mestra Paula decidiu facer unha roda de preguntas para comprobar o interese do alumnado; así, un a un, foron dicindo o que pensaban que habería dentro desta caixa de madeira.
Dende naves espaciais, xoguetes, pasando por excavadoras ou obxectos variados.
Como non acertabamos co contido, chegaron as pistas; a primeira delas era a súa forma: "ten forma cadrada". A continuación, máis pistas: "no seu interior ten moitas, moitas letras", "tamén ten moitas imaxes", "a BiblioRía de Gaspar está chea deles".
Un libro, un libro gritabamos todos!!!!
 Pois estabamos no certo, era o libro titulado "El pirata Pepe" e descubrimos que na cuberta do conto podemos atopar esa información así coma outros datos de interese.
 Coma tiñamos o conto diante de nós, que mellor forma de coñecelo que facer a primeira lectura. Pouco a pouco coñecimos a historia deste pirata "alto y pelirrojo, con pata de palo y parche en el ojo"...
Ata a próxima.
 

lunes, 23 de abril de 2012

FELIZ DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO
 Hoxe, celebraremos na nosa escola o Día do Libro e a BiblioRía organizou unha serie de actividades das que disfrutamos durante toda a xornada.
Para poder estar informado sobre esta celebración, podes visitar o blogue da BiblioRía; aquí vos deixamos a ligazón para acceder á noticia:

http://www.biblioria.blogspot.com.es/search/label/D%C3%ADa%20do%20Libro
Para abrir boca, aquí van dúas imaxes dos nenos e nenas cos barcos de papel reciclado que Gaspar solicitou a cada un para poder entrar na BiblioRía.

BO DÍA DO LIBRO.

A semana da froita

CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA
FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
Xa fai un tempo, polo mes de novembro, participamos na "Campaña de distribución de froita fresca" convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
A entrada do blogue onde vos contabamos a noticia era a seguinte: 

Cada día na hora do patio-merenda os nenos, nenas, mestres e mestras da escola comimos froita fresca; esta semana voltamos a disfrutar desta iniciativa e estas foron as froitas de cada día:

Luns - MELÓN
Martes - MAZÁS
Mércores - MANDARINA
Xoves - AMORODOS
Venres - PERA

jueves, 19 de abril de 2012

Xuramento Pirata

Aquí vos deixamos o noso xuramento pirata; os nenos e nenas de 4 e 5 anos o coñecen perfectamente... agora nos toca o turno de aprendelo aos nenos e nenas de 3 anos... Aquí vai:
XURAMENTO PIRATA
ADIANTE, A PROA
ATRÁS, A POPA
Á DEREITA, ESTRIBOR
Á ESQUERDA, BABOR
E QUE NON O SEPA, 
AO TIBURÓN!!!

E que mellor forma de aprendelo que dramatizando que imos no barco e chocamos cun iceberg pola parte de proa, de estribor, que vemos illas de tesouros máxicos pola parte de popa, por barbor, ... unha experiencia moi divertida.

martes, 17 de abril de 2012

Traballamos co número 3

Nova actividade para xogar no Encerado Dixital Interactivo (EDI); nesta ocasión, traballamos co número 3 e, coma sempre, poderedes descargar o arquivo premendo na imaxe ou na ligazón de debaixo.

Coma sempre, para todos os usuarios e familias que nos pedides que "colguemos" as imaxes das actividades, xa que nas casas non tedes o programa instalado, aquí as tedes (lembrade que estas non son todas as "fichas" do arquivo xa que as que son multimedia non as podemos subir ao blogue  poque non "funcionarían")

lunes, 16 de abril de 2012

Os nosos fermosos cadros de loros

Un dos animais que sempre acompaña aos piratas son os loros. Na entrada anterior, comentabamos a visita ás aulas dos agapornis de Amanda, unha especie similar aos loros.
Nós tamén quixemos ter un, como bos piratas que somos, e decidimos elaborar un cadro que despois puidésemos colgar no noso cuarto, no salón, no corredor da casa, etc.
Aquí vos amosamos o resultado... somos uns artistas co pincel e os lienzos... e mirade que plumaxe máis chulo lles puxemos!!!
 

viernes, 13 de abril de 2012

Menuda sorpresa que nos trouxo Amanda

Xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, unha sorpresa chegou á aula de 4 anos da escola...
Ao entrar na aula todos exclamaron... LOROS!!!
 
Claro, levamos xa algún tempo coñecendo estas inseperables mascotas dos piratas... ata pintamos o noso loro nun cadriño... pero estes non eran loros senón... AGAPORNIS, corrixiu Amanda. 
Ela coñece moi ben a esta especie xa que estas mascotas viñeron da súa casa.
  A nai de Amanda trouxo moi amablemente estas aves á escola, acompañados dunha nota onde eles mesmos se presentaban e nos contaban cousas moi interesantes como, por exemplo, que lles chaman "os paxaros do amor", porque sempre están xuntos, danse de comer, límpase os uns aos outros e sempre están dándose bicos e afecto.
Outros datos que coñecimos foron os seguintes:
  • Que son os únicos da súa especie que poden compartir o seu espazo con outros paxaros máis pequenos sen lles facer dano.
  • Que aínda non teñen  ovos, pero que xa fixeron o seu niño.
  • Que é moi difícil distinguir ao macho da femia, só por uns osiños que teñen entre as patas. Destes dous, a femia é a máis verde e a máis alta, e o macho o máis amarelo.
  • Que lles gusta moito o sol.
  • Que comen alpiste, pipas, froita, leituga e beben auga.
  • Que os seus donos ensínanlles a poder saír e entrar da gaiola sos. Os agapornis de Amanda non poden saír porque os seus donos teñen unha gata que, aínda que é moi boa, encántanlle os paxaros.
Todos estivemos moi atentos a estas explicacións e preguntámoslle ao Sr. Google en Internet para investigar un pouco máis. Vimos que había agapornis igualiños a estes e tamén con outras cores: branco, azul, etc. e ata vimos o nacemento dunha cría dun ovo moi pequerrechiño. 
Sobre todo, comprobamos que os paxaros teñen pico, dúas patas, dúas ás e o seu corpo cheo de plumas. Tamén que teñen moitas e fermosas cores, coma o noso loro "Pipo".
Estes animais pertencen á especie dos Psitácidos e soubemos que Loro é o nome común que se aplica a unhas 340 especies de aves de brillante colorido que inclúen, entre outros, a cacatúas, loritos, agapornis, guacamaios e periquitos.

 Amanda quixo compartir cos demais compañeiros de infantil e primaria todo o que coñecía sobre estes animais e, a verdade, é que lles encantou a todos eles.
Soamente podemos dicir: Moitas grazas!!!

miércoles, 11 de abril de 2012

TITANIC. 100 anos do naufraxio.

Onte, conmemoráronse os 100 anos dende que o espectacular TITANIC saíra do porto de Southampton (Inglaterra).
Durante toda esta semana, realizaremos nas aulas diferentes actividades relacionadas con este suceso centenario. Así, cada un dos días da travesía do Titanic daremos lectura ao diario da bordo dun neno de 10 anos chamado Jack e que conta como foi a súa estancia no barco dunha maneira sinxela e amena para os máis pequenos. O conto presenta, ademais, unha multitude de solapas despregabres onde poden descubrir infinidade de curiosidades, mirar o barco por dentro, a súa espectacular escalinata, etc.
Estas historias secuenciadas por días e con tantos detalles as poderedes atopar no libro seguinte, editado para conmemorar o centenario do afundimento.



El viaje del Titanic (EDICIÓN ESPECIAL CENTENARIO)

Por outro lado, grazas a nosa mestra Ángeles (Coordinadora da BiblioRía) podemos disfrutar deste libro de actividades relacionadas co suceso e que poderedes descargar e utilizar sen problema premendo na seguinte ligazón:
 ACCEDER E DESCARGAR O LIBRO DO TITANIC


Aquí van as imaxes: