jueves, 13 de diciembre de 2012

Festa fin do proxecto "O medo". Aula de 4 anos

Hoxe, xoves 13 de decembro, disfrutamos na aula de 4 anos dunha xornada de festa para finalizar o noso proxecto sobre o medo.
Bruxas, pantasmas, demos,... inundaron a escola durante esta xornada "tenebrosa".
As mestras Paula e Emma tamén se apuntaron á xornada de disfraces de medo... que simpáticas!!!
Tivemos tempo para xogar, divertirnos, compartir e, tamén, para cociñar. Elaboramos unhas saborosas arañas con galletas e chocolate e as degustamos xunto cunhas madalenas, gusanitos,... mirade o resultado.
Días atrás elaboramos estas divertidas bolsas para poder levar todos os nosos traballos e manualidades; hoxe, estivemos a gardar todas as cousas dentro delas... que chulas son!!!
No seu interior, levamos o traballo en papel sobre o medo,
os nosos fantasmas-chupa-chups,
os nosos botes porta-lapis
a nosa manualidade sobre o protagonista do cadro "El grito", de Munch
e todas aquelas cousas aportadas para a mostra do medo da aula.
Coma sempre, nos gustaría dar as GRAZAS a todas as familias pola súa gran colaboración con este traballo.
Ata a próxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario