martes, 18 de diciembre de 2012

O protagonista da semana: ANDRÉS


Esta semana, do 10 ao 14 de decembro, o protagonista foi:
ANDRÉS
Na penúltima semana do 1º trimestre o protagonista foi Andrés. Deste xeito, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén nos amosou moi contento as súas cousas favoritas: peluche, xoguetes, a roupa de fútbol,...
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, nos amosou o pequeniña que era a súa roupa e,coa cinta métrica, comprobamos canto medrou.
O venres día 14,  tivemos a visita do seu papá e da súa mamá, Ángel e Mara; viñeron acompañados por unha das súas mascotas, o peixe Lucho, un fermoso peixe dourado que estaba un pouco incómodo e asustado porque o tiveron que traer nun tarro de cristal (normalmente vive nun acuario moito máis grande) Ángel contounos moitas cousas sobre os peixes e os coidados que hai que ter con eles.
Chegou o momento das preguntas e nos enteramos como é Andrés na casa. A súa mamá contounos que foi un bebé moi tranquilo, que durmía moito e comía moito; tamén nos contou que lle gusta moito xogar, que ás veces fai rabiar á sua irmá Raquel, pero que tamén axuda a facer cousas e pon a mesa para o almorzo. 
Ah! e o que máis lle gusta son os bocatas de "Nocilla".
A continuación, a súa mamá contou “LOS RESCATADORES EN CANGUROLANDIA”, que nos gustou moito.
E, xa para rematar, Andrés repartiunos uns agasallos que fixo coa sua mamá na casa: uns marcapáxinas cunha felicitación de Nadal.
 E, como sempre, antes de despedirnos, démoslle as grazas, entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario