sábado, 29 de septiembre de 2012

O protagonista da semana: BRIÁN


Na aula de 6ª de E. Infantil  ( 5 anos), esta semana tivo lugar un gran acontecemento: Comezamos co Proxecto “O PROTAGONISTA DA SEMANA”!
Todos estaban impacientes para ver que acontecía, pero sobre todo Brián que ía ser o primeiro, aínda que todos saben que lles agarda tamén a eles a súa gran semana, e que de certo han de ser protagonistas neste curso 2012-2013. 
 O protagonista da semana é unha idea orixinal que presenta Carmen Ibañez Sandín (Inspectora de Educación e escritora.) no seu libro  "El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula" (1ª edición 1992, 17ª edición 2009) , que gañou un premio no ámbito da pedagoxía como mellor proposta didáctica do ano.
Esta actividade resulta enormemente motivadora e enriquecedora, xa que por medio dela os nenos e nenas vense valorados na súa individualidade e ao mesmo tempo coma membros dun grupo, axúdalles a aumentar a autoestima e o desenvolvemento das habilidades sociais, entre outras.
 Agradecemos de antemán a todas as  familias o seu compromiso a participar no proxecto, aportando os materiais e os datos necesarios e organizando os seus apertados horarios para ter unha hora o venres correspondente á semana do seu fillo ou filla para vir á participar na aula. Graciñas. 

E chegou o gran día!
 O luns, 24 de setembro, Brián foi coroado PROTAGONISTA DA SEMANA (Do 24 ao 28 de setembro). Na asemblea da mañá, foi observado con atención polos seus compañeiros que foron describindo as súas características físicas,  e que él mesmo podía comprobar e corroborar mirándose no espello.
Ao longo da semana, fomos coñecendo outros datos personais  coma:  nacemento, cor favorita, roupa favorita e a súa talla, xoguete, conto, familiares, mascota,  etc  e o panel do recuncho do protagonista  foise enchendo coas  súas pertenzas.
Onte, venres  28 de setembro, recibimos a visita da familia de Brián ao completo na aula: mamá, papá, o seu irmá pequeno Aiden e ate a súa cadela, Edra.
Foi unha mañá chea de sorpresas, pasámolo moi ben,  e convertémonos en xornalistas cheos de curiosidade para coñecer mellor ao noso compañeiro e a súa familia.
Soubemos que Brián se porta moi ben na súa casa, que cando era bebé tomaba moi ben os biberóns e que choraba se aínda tiña fame, que dende os tres anos fai moi ben os crebacabezas, que nada moi ben e que é zurdo xogando ao futbol.
Preguntámoslles en que traballaban e así nos enteramos que o papá, Guillermo, traballa de mecánico de máquinas grandes e mamá, Bea, é ilutradora gráfica, ou sexa, que fai debuxos co ordenador para decorar latas: de galletas, de atún, etc. Ensinounos unhas moi bonitas.
Bea leunos o conto preferido de Brián: "Los tres cerditos", pero nesta versión sae un oso e a Brián gústalle  moito porque é moi  gracioso.
Baixamos ao porche e alí nos agardaba o papá cunha gran sorpresa: Edra, a cadela. É enorme pero boísima, deixou que todos a acariciaramos sen rechistar.
E, para rematar a visita, a familia repartiu un agasallo que nos encantou: un cochiño de madeira moi chulo e un sugus.
Antes que marcharan, entregámoslle un diploma para agradecerlle a súa colaboración e participación no proxecto do Protagonista e rematamos cun merecido aplauso.

 GRACIÑAS!!!

viernes, 28 de septiembre de 2012

Campaña de distribución de froita fresca

Informamos a todas as familias que, durante a vindeira semana (do 1 ao 5 de outubro), o colexio participará na campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria. Esta participación conleva que se entregará unha peza de froita no almorzo, segundo este reparto:

LUNS- PLÁTANO

MARTES- MAZÁ GOLDEN

MÉRCORES- MANDARINA

XOVES- PERA CONFERENCIA

VENRES- AMEIXA
 

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Actividades LIM sobre o Outono

Coma sempre, GRAZAS ao blog colaborativo http://actividadeslim.blogspot.com.es/ podemos desfrutar de milleiros de recursos dixitais para traballar tanto nas aulas como nas casas.
Aproveitando a chegada do outono, aquí recompilamos dous arquivos LIM moi interesantes sobre esta estación do ano.
Para poder acceder aos xogos preme na imaxe de cada un deles.


Por outra banda, dende o blog http://coledecolores.blogspot.com.es/ comparten con nós esta actividade:

martes, 25 de septiembre de 2012

Xaime e as landras

Os nenos e nenas de 5º de educación infantil (4 anos) estamos a ler estes días o conto titulado "Xaime e as landras"
 Mergullándonos na rede, atopamos o blogue
no que podemos desfrutar do vídeo do conto; aquí o tedes:

lunes, 24 de septiembre de 2012

Nova actividade EDI: "1, 2 e 3"

Comeza o novo curso e, tamén, comezan a aparecer no noso blog as actividades dirixidas ao traballo no encerado dixital ("pizarra máxica").
Nesta ocasión, vos amosamos esta actividade dirixida a traballar cos nenos e nenas de 4 anos para repasar os números traballados durante o curso pasado.
Coma sempre, para poder descargar o arquivo, podes premer na imaxe ou na ligazón.


Coma sempre, aquí vos deixamos os pantallazos das actividades que poderedes adaptar ao traballo na casa, por se non tedes o programa instalado (intentamos subir todas as posible, pero moitas deles han de ser traballadas co software específico)
 

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar

Un ano máis damos a benvida a un novo curso escolar. Coma sempre, desexamos desfrutar ao máximo de todas as actividades a realizar e compartir as nosas experiencias con todos os que seguides este espazo web.

Aquí vos deixamos o reparto de tutorías deste ano:
 
4º educación infantil: Teresa Pazos
5º educación infantil: Paula Campos
6º educación infantil: Ángeles Maquieira
Mestra de apoio: Emma López