martes, 24 de diciembre de 2013

Lecturas recomendadas polo Nadal

Hoxe celebramos a Noiteboa e, dende este blog, queremos desexar que todos e todas pasedes unha noite estupenda e que Papa Nöel, se pasa polas vosas casas, deixe milleiros de agasallos en forma de Paz, Felicidade e Boas Novas para todos.
Dende a BiblioRía da escola nos propoñen unha fabulosa forma de agasallar este Nadal: cun libro.
Así, Gaspar pensou en estes dous libros para o alumnado de educación infantil da escola e mandou esta nota para as casas:

Vigo, decembro 2013

Estimadas familias:
Poñémonos en contacto con vós para informar que desexamos que os vosos fillos/as lean, no segundo trimestre, un libro en galego e outro en castelán, de forma colectiva na “Hora de ler”.
Xa falamos con diversas editoriais e ofreceron sesións de animación á lectura (encontro con autores, ilustradores e contacontos), a cambio de ler eses libros recomendados.
Parécenos unha boa ocasión aproveitar estas datas de Nadal e Reis, para incluir o pedido de libros nas cartas a eses ilustres personaxes.
Empezaremos a traballar con eses libros á volta das vacacións de Nadal, polo que necesitamos  que os nenos e nenas os teñan para esas datas. (Sería mellor que estiveran forrados e co nome do alumno/a).

Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo.
As titoras, titores e o equipo de biblioteca.

Aquí vos deixamos os contos selecionados para educación infantil (neste caso non serán dous, un en galego e outro en castelán, senón un só libro en castelán):

 4º de educación infantil (3 anos) e 5º de educación infantil (4 anos)
 ¡Vamos a mirar colores! Barber Shirley
Ficha
-Autor: Barber Shirley
-Ilustrador: Barber Shirley
-Editorial: Editorial Everest
-Idioma: Español
-ISBN: 978-84-241-1309-4
-Coleción: Montaña encantada
-Idade: De 3 a 6 anos
-Nº páxinas: 48
-Encuadernación: Rústica cosido
-Formato: 19 x 21 cm
 
Sinopse
Cantas cores diferentes podes ver? As sensacionais ilustracións deste precioso álbum ilustrado recollen toda a maxia e beleza que encantará aos pequenos lectores de Shirley Barber. Espectaculares cores e exquisitos detalles, este precioso libro cautivará aos primeiros lectores aos que entretendrá durante horas.

6º de educación infantil (5 anos)

La Bruja Colorea Madroñero Ferreiro Esther
Ficha
-Autor: Madroñero Ferreiro Esther
-Ilustrador: Madroñero Ferreiro Esther
-Editorial: Editorial Everest
-Idioma: Español
-ISBN: 978-84-441-4293-7
-Coleción: Leer es vivir
-Idade: De 3 a 6 anos
-Nº páxinas: 36
-Encuadernación: Rústica
-Formato: 19 x 21 cm.
 
Sinopse
La Bruja Colorea ten un gato negro, pero con conxuros de cores e unha brocha de visión mudará a súa cor. Como o pintarías ti?

lunes, 23 de diciembre de 2013

Visita da Escola Infantil Municipal de Saiáns á nosa escola

O noso blog non para durante estas festas de Nadal e continuamos publicando novas de actividades realizadas no noso centro.
Coa cantidade de actividades realizadas polo Nadal, non tiveramos tempo todavía de compartir con todos e todas a visita que o luns, 11 de decembro, fixeron os pequenos e pequenas da Escola Infantil Municipal de Saiáns a nosa escola. 
Nesta visita, os nenos e nenas de 4º de educación infantil_3 anos ensináronlles a traballar as cores e as formas con Kandinsky. Como sabedes, estamos a traballar un proxecto de centro titulado "Lendo con arte" e o alumnado de 3 anos investigou ben a fondo a figura deste artista e coñece moi ben dúas obras de arte do autor: "Cadrado con cículos concéntricos" e "Trece rectángulos".
Aquí vos deixamos unha presentacións coas imaxes da actividade. Pasámolo moi ben!!!

sábado, 21 de diciembre de 2013

Máis imaxes e vídeos do Festival de Nadal 2013

Como diciamos onte, pouco a pouco subiremos imaxes e vídeos do Festival de Nadal deste ano.
Hoxe, poderedes ver o vídeo presentación do acto por parte dos nenos e nenas de 6º de primaria, así coma as doce badaladas.

Por outro lado, a ANPA da escola xa subiu as imaxes das actuacións dos festivais do mércores e do xoves.
Aquí vos deixamos as ligazóns de acceso a todas as fotos.

FESTIVAL MÉRCORES 18 DE DECEMBRO. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

FESTIVAL XOVES 19 DE DECEMBRO. 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA

viernes, 20 de diciembre de 2013

Recursos para o Nadal. Non te aburrirás durante as festas!!!

Hoxe comezan as vacacións de Nadal e, para que vos poidades divertir nas casas durantes estas festas, aquí vos deixamos unha morea de recursos.

PARA PODER ACCEDER A ELES, PODEREDES PREMER NA ÁRBORE DE NADAL QUE APARECE NA MARXE DEREITA DO BLOG.

Por unha banda, e grazas ao blog http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/, poderemos acceder a resursos variados coma os seguintes: http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/p/recursos-para-o-nadal.html

Actividade LIM de Belén Junquera

Actividade LIM de Ana Martínez Rey

Actividade memori para atopar os obxectos de Nadal iguais

Actividade online para decorar a árbore de Nadal

Actividade para xogar co rato do ordenador e así poder coller os agasallos que caen do trineo

Por outro lado, queremos compartir con vós diferentes recursos publicados neste blog con motivo do Nadal durante anos pasados. Así, se premedes nesta ligazón poderedes acceder a todas as publicacións sobre esta festa: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/search/label/Nadal
Para organizar o material e que vos sexa máis sinxelo o acceso ás publicacións pasadas, aquí vos deixamos as ligazóns e xogos que vos poden interesar:

Actividades EDI:

-"JUGAMOS CON LOS NÚMEROS. ADIVINA CUÁNTAS COSAS HAY. DIVIÉRTETE CON LOS NÚMEROS 1, 2 Y 3". Actividade EDI

-Preparando o Nadal 

-Imaxes para xogar no Nadal: "Atopa ao diferente"

Actividades para imprimir e facer en papel:

-Xogamos no Nadal

-Crebacabezas Nadal

 Recursos na rede:

-Recursos para o Nadal 1

-Divírtete estes días festivos

-Recursos para o Nadal 2

Festival de Nadal 2013

O pasado mércores, 18 de decembro, desfrutamos do tradicional Festival de Nadal na escola. O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria decidiu recrear unha festa de fin do ano e comezaron o acto coas tradicionais doce badaladas.
A continuación, comezou a festa e os bailes.
Os nenos e nenas de 3 anos bailaron a canción "Los Pajaritos",
O alumnado de 4 anos, "El baile del gorila"


E o alumnado de 5 anos, "Levantando las manos" 


Ao día seguinte, o xoves, desfrutamos coas actuacións do alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria.
Hoxe, venres, recibimos a visita de Papa Nöel na escola, que nos agasallou cunha bolsa de saborosas chuches... estaban boísimas!!! así como degustamos un chocolate con rosca preparado polas cociñeiras do colexio.
Se queredes desfrutar coas imaxes das celebracións destes días, podedes premer na seguinte ligazón:

Pouco a pouco, subiremos máis material audiovisual para que poidades lembrar estas festas de Nadal.
Por outro lado, esta tarde subiremos unha recompilación de recursos variados para traballar e xogar co Nadal nas casas durantes estes días sen escola.
BO NADAL!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

As entradas aos museos

Na aula de catro anos, nun  dos momentos da semana, voltamos retomar o tema das entradas; fixámonos nas aportadas por algúns compañeiros/as e estivemos establecendo semellanzas e diferenzas entre elas. Unha vez feito isto, construimos entre todos e todas no encerado un modelo tipo de entrada onde figurasen estes datos: nome do museo, prezo e data da visita. 



En días posteriores, realizamos dúas fichas sobre o tema: nunha tiveron que rodear o nome do museo de vermello e o prezo de azul, así como pegar tantos euros como indicaba o prezo da entrada; na outra actividade, tiveron que escribir na entrada elaborada por nós a data da visita, o nome do museo que eliximos entre todos/as e o prezo de dita entrada.

 


martes, 17 de diciembre de 2013

"La mariquita Juanita"_4 anos_Os peixes vermellos do lago

Unha semana máis, voltamos ter a nosa sesión coa xoaniña ”Juanita” na aula de catro anos; desta volta, coñecimos unha nova experiencia da protagonista co conto "Los peces rojos del lago".
Iniciamos a sesión coa lectura do conto. Posteriormente traballamos coas diferenzas e semellanzas existentes entre os peixes e Juanita.

A continuación, pedimos aos nenos/as que expresasen si lles gustaría ser como son e cal era o motivo, ou se lles gustaria parecerse a alguén e porqué. Por último, cos ollos vendados, cada neno/a tiña que tocar a un compañeiro/a e tentar descubrir de quen se trataba unicamente utilizando o sentido do tacto.
 
Unha vez rematada esta parte da sesión, cada neno e nena realizou  o seu propio traballo sobre o papel, onde escribiu o nome do conto e as diferenzas entre Juanita e os peixes. Logo colorearon as letras que facían referencia a unha característica que diferenciaba a estes animais.
Así rematou unha semana máis a nosa cita con “Juanita”. Agora, a próxima cita con ela será á volta das vacacións de nadal sobre o 15 de xaneiro. 
Ata a volta e feliz nadal a tod@s.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Programación das actividades de Nadal

Xa a piques de rematar o ano, informamos das actividades programadas en relación con esta fin de trimestre e chegada do nadal, ás que quedan convidadas as familias.

MÉRCORES, 18 DE DECEMBRO
Ás 12.45 h. 
FESTA FIN DE ANO EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

4º Ed. Infantil: "Los pajaritos"
5º Ed. Infantil: "Baile del gorila"
6º Ed. Infantil: "Levantando las manos"
1º Ed. Primaria: "La chica Yeyé"
2º Ed. Primaria: "La Yenka"


XOVES, 19 DE DECEMBRO
Ás 12.45 h. 
FESTA NADAL 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

5º Ed. Primarial: "Guernica: a luz negra"
4º e 6º Ed. Primaria: "Baile do nadal"
3º Ed. Primaria: "O parte"
4º Ed. Primaria: "Chega o nadal"
6º Ed. Primaria: "Jingle bells"

Os días 18 e 19, a apertura do centro para a entrada de público á festa será ás 12.30 h. Os servizos de transporte e comedor escolar funcionarán en horarios e condicións habituais.

Para mellor aproveitamento das actividades presentadas, as familias somentes poderán asistir aos actos programados o día en que actúen os seus fillos/as.
Coma sempre, e por respecto ao traballo realizado polo profesorado e, sobre todo, polas nenas e nenos do colexio, lémbrase a necesidade de manter o máximo silencio durante as funcións. Así mesmo, lémbrase que non se pode facer uso das portas de entrada ao ximnasio surante as funcións, e que non se pode ocupar a zona acotada para ao alumnado.
A ANPA vai realizar unha reportaxe fotográfica que, posteriormente, vai estar a disposición de todos vostedes.


VENRES, 20 DE DECEMBRO
En horario por definir e coa colaboración da ANPA do cole, contaremos coa visita de Papa Nöel e realizaremos unha chocolñatada. As actividades deste día están destinadas exclusivamente ao alumnado do colexio.

"La mariquita Juanita"_5 anos_Probamos diferentes tipos de pescado

Fai uns días, na aula de 5 anos comezamos a ler o segundo conto do libro "La mariquita Juanita". Nel, coñeciamos aos peixes vermellos do lago pero... Coñeces máis animais do mar? Comes na casa ou no cole algún tipo de pixe? Teñen un sabor agrabale? Que cores teñen? Como son de grandes?
Entre todos e todas estivemos a traballar estes e outros aspectos relacionados co mundo dos animais do mar e dos peixes. Así, elaboramos unha listaxe no encerado cos peixes e animais do mar que coñeciamos:

Posteriormente, a mestra trouxo ao aula diferentes tipos de peixes en conserva para probar. Atún, Bonito e Mexilóns foron os escollidos, e os rodeamos na lista.  
Por outro lado, tamén recollimos o escrito no encerado nunha folla de rexistro individual.
Estaba todo boísimo!!!
Agora temos gañas de probar as sardiñas e o pulpo... a ver se a mestra nos da unha sorpresa e trae ao aula máis conservas!!!