lunes, 21 de enero de 2013

O protagonista da semana: JESÚS



Esta semana, do 10 ao 16 de Xaneiro, o protagonista foi:
JESÚS
Xa de volta das vacacións do Nadal, retomamos o noso proxecto. Estes días fomos coñecendo algo máis a Jesús: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... e tamén estivo encantado de poder amosarnos as súas cousas favoritas! 
Como de costume, ensinounos fotos de cando era bebé, amosóunos o pequena que era a súa roupa e, co metro, comprobamos cánto medrou.
O luns 14, tivemos a visita da súa mamá na aula. Xa sabedes que estas visitas se fan normalmente os venres, pero este día Jesús e a súa mamá estarán visitando a Mickey Mouse, na súa casa de Disneyland Paris, así que a nosa visita adiantouse.
Jesús ensinóulle o traballo que está a facer na aula.
Coma sempre, comezamos a facerlle preguntas e así nos enteramos de como é na casa; a súa mamá contóunos que foi un bebé moi bo, que tomaba uns grandes biberóns e así medrou moito, que sempre foi moi tranquilo e o segue a ser, que lle gustan moito os debuxos da tele, pero que tamén axuda na casa recollendo os seus xoguetes e súa roupa. Ela traballa de pasteleira e Jesús di que tamén vai facer ese traballo cando sexa maior. A todos/as nos pareceu un traballo moi doce.
 Despois, vimos unha fermosa montaxe con fotos de Jesús dende o seu nacemento ate o de agora... foi unha montaxe chea de sentimentos.
Cristel léunos un conto de "Mickey Mouse e os animais" que nos gustou moito e por iso lle demos un forte aplauso.
Despois, nos repartiron unhas golosinas e, xa para rematar a visita, lle entregamos un diploma como recordo desta semana e a despedimos cun merecido aplauso.
GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario