miércoles, 27 de febrero de 2013

24 de febreiro, Día de Rosalía

O venres, día 24 de febreiro, fixémoslle unha homenaxe a nosa poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO dende a BiblioRía, en coordinación co Equipo de Dinamización Lingüística.

        Na BiblioRía, Tintín, Milú e máis Gaspar estiveron á procura dun poema axeitado para recitar ese día e, finalmente, elixiron o poema "PRA A HABANA", xa que trata dunha viaxe que un mozo ía facer; como este ano estamos a coñecer tantos países e a facer tantas viaxes coas aventuras de Tintín, pensaron que a nós tamén nos gustaría. Este poema pertence ao libro "Follas Novas". Por certo, neste ano (o día 17 de maio) cúmprese o 150 aniversario da publicación doutro dos seus libros titulado "Cantares gallegos".

        A homenaxe desenvolvéuse do xeguinte xeito: cada curso recitou unha estrofa do poema, comezando polos nenos/as de Educación Infantil de 3 anos e rematando polos nenos/as de 6º curso de Primaria.

      A continuación, os nenos/as do 4º curso prepararon o poema "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES", co acompañamento musical feito polos propios alumnos/as e dirixido polo mestre de música do colexio.

      Asemade, na BibliorÍa, como todos os anos por estas datas, tivemos unha exposición dos poemas e libros de Rosalía.

(Se queredes ver as fotos, premede no enlace)

No hay comentarios:

Publicar un comentario