lunes, 4 de marzo de 2013

O protagonista da semana: ALAN

Na semana, do 18 ao 22 de Febreiro, o protagonista foi:
ALAN

Como sempre, ao longo da semana, fomos coñecendo un pouco máis ao noso compañeiro Alan: os seus apelidos, onde vive, os seus gustos... Estivo encantado de poder amosarnos os seus obxectos favoritos: peluche, xoguete, roupa, conto... Contounos que o peluche é o seu favorito porque o gañou nun xogo das festas de Bouzas.

Ensinounos fotos de cando era bebé e amosounos o pequeniña que era a súa roupa, coa cinta métrica comprobamos canto medrou.

O venres, día 22, tivemos a visita na aula do seu pai, Yago; a súa mamá non puido vir porque tiña que traballar. Viña acompañado dunha das súas mascotas, a tartaruga “Pelusín-Pelusín”

Alan amosoulle o traballo que estivo a facer durante a semana e deseguido chegou o momento das preguntas. Comezamos preguntando o seu nome e interesándonos polos seus traballos. Yago contounos que traballa nunha fábrica de coches, que todos coñecemos, que se chama Citröen, e que o seu taballo consiste en axustar moi ben as luces dos coches. Pareceunos moi importante, xa que se non quedan ben, os condutores non verían pola noite.
Tamén quixemos saber como é Alan na casa. Contounos que se porta ben, que xoga moito, que axuda nalgunhas tarefas, sobre todo a facer o zume de laranxa do almorzo, que bebe moito, que o seu deporte favorito é o fútbol e o seu equipo favorito, por suposto, o Celta; xa ten o carné e todo!
Despois observamos de cerca a Pelusín, contáronnos o que come e como se coida. Tamén nos contaron a historia doutra mascota que teñen na casa, unha cadeliña, que rescataron da perrera municipal, porque os antigos donos deixárona abandonada.
A continuación, nos contou un conto moi chulo sobre unha tartaruga moi lista. Gustounos moito!

Xa para rematar, repartiron uns agasallos feitos por eles. Unhas manualidades de froitas con cosidos moi chulas

E, como sempre, antes de marchar entregámoslle un diploma como recordo desta semana e despedímolos cun merecido aplauso.

GRACIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario