viernes, 25 de octubre de 2013

Reapertura da BiblioRía

Hoxe, 25 de outubro, desfrutamos da Reapertura da BiblioRía.
O alumnado de educación infantil foi o primeiro en entrar na biblioteca ás 09:30 horas da mañá.
Para poder acceder ao espazo, precisabamos da invitación que nos mandara Gaspar o mércores e así o fixemos, un encargado de cada aula foi o que levou de primeiro a invitación para que o resto da aula puidera pasar.
 


O espazo estaba precioso, cheo de libros, coma sempre, pero con moitas novas!!! Unha fermosa exposición de libros de arte (museos, pintores,...) presidía a BiblioRía, así como dous murais nas dúas portas, que nos desvelaban o título do proxecto de centro deste ano: "LENDO CON ARTE".
O primeiro que fixemos foi lembrar as normas que Gaspar quere que cumpramos sempre que veñamos a facer o préstamo, xogar co Encerado Dixital Interactivo, ler contos, coas visitas de autores ou contacontos,..., é dicir, sempre que veñamos a BiblioRía.
A continuación puidemos visualizar estes vídeo sobre unha fermosa historia que vivíu Gaspar cun can.

Unha vez revisadas as normas, visualizada a "nova decoración" da BiblioRía e descuberto o tema sobre o que versará o proxecto de centro deste ano, Gaspar agasallou a todos os nenos e nenas cunha saborosa gominola, un pequeno libro sobre o mundo da lectura e uns marcapáxinas para toda a aula que pintaremos estes días.
Tamén houbo agasallo para as mestras; uns chulísimos broche de fieltro coa forma da nosa mascota.
 
 
 
 A segunda parte desta reapertura foi a entrega das mochilas viaxeiras aos primeiro alumnos e alumnas que as levarían para as súas casas. Henrique, da aula de tres anos, Martín, da aula de 4 anos e Ada, da aula de 5 anos, foros os nenos escollidos para as recibir, xunto co alumnado de educación primaria.
Aquí vos deixamos as imaxes da entrega.
Para descobrir máis información sobre a reapertura, podes acceder ao blog da BiblioRía:

No hay comentarios:

Publicar un comentario