miércoles, 19 de febrero de 2014

Continuamos a traballar cos museos. Aprendemos vocabulario.

Este proxecto, "Lendo con arte", está a resultar un éxito nas aulas de infantil (e no resto das aulas da escola). O alumnado amósase moi motivado á hora de coñecer aspectos relacionados cos museos, os pintores, os cadros,... 
Nesta ocasión, aquí vos amosamos unhas imaxes dos nenos e nenas de 4 anos que estiveron a traballar sobre os diferentes aparellos que utilizan os pintores e que teñen no seu estudio.  As matemáticas, o vocabulario, a atención, etc. son aspectos que integramos en cada un dos nosos proxectos; como ben sabedes, nas aulas de infantil traballamos de forma globalizada e as diferentes actividades son o noso soporte para traballar aspectos diversos do desenrolo dos nenos e nenas.
 Grazas a este traballo, estamos a aprender vocabulario variado: acuarela, caballete, pincel, paleta, óleo, témpera... son algunhas das novas palabras aprendidas por todos nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario