jueves, 20 de febrero de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_A paciencia

A semana pasada, vivenciamos con Juanita unha nova experiencia, pois tras coñecer unha nova amiga, "Maripepa, la Mariposa", tentamos conducir un diálogo no que os nenos e nenas tiñan que se poñer no lugar da bolboreta. Para isto, utilizamos preguntas como: Se foses unha bolboreta, serías quen de aguantar no casulo tanto tempo? Por que?
A continuación, visionamos un vídeo onde se explicaba a metamorfose dunha bolboreta e falamos ampliamente deste proceso.

Unha vez rematada a parte oral, cada neno/a tivo que colorear as catro fases do proceso, picar e pegar seguindo unha serie secuenciada en base o que xa tiñamos visto no vídeo.

Así rematou unha semana máis a nosa cita con Juanita. As vindeiras semanas seguiremos a traballar a paciencia con este conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario