lunes, 31 de marzo de 2014

Ideas para celebrar a Pascua

Coma sempre por estas datas, nas aulas de educación infantil facemos algunha manualidade ou traballo sobre a Pascua; xa sexan ovos, coellos, etc.
Nas aulas da nosa escola estamos a traballar cos coelliños que tanto gustan aos máis pequenos e queremos compartir con todos e todas algunhas ideas que atopamos na rede e que vos poden servir tanto para traballar nas vosas aulas, como nas casas (xa que as familias, en moitas ocasións, nos demandades recursos variados para que os nenos e nenas se divirtan nos días sen cole).
Dunha banda, aquí vos deixamos uns crebacabezas para pintar, recortar e montar. Grazas a eles traballaremos a motricidade fina, o recorte coas tesoiras, a orientación espacial,...
Por outra banda, tamén compartimos estes debuxos para unir con números e que poderemos facer cos pequenos de forma amena e divertida, axudándolles cando o precisen (sobre todo, cos números "altos").
Ou estas actividades para montar os coellos.
O mundo de internet, ofrécenos variadas opcións e recursos; moreas e moreas de álbumes picasa, blogs super interesantes, webs variadas,... nos que poderemos atopar debuxos para pintar, manualidades, actividades,... para traballar tanto nas aulas coma durante estes días festivos de Semana Santa nos que os máis cativos estarán de vacacións.
Aquí vos deixamos unhas ligazóns interesantes onde poderedes descargar material variado:
 






jueves, 27 de marzo de 2014

28 de marzo. Día da Reconquista de Vigo

Lembramos a todas as familias de educación infantil que mañá, venres 28 de marzo de 2013,
non haberá clases 
xa que se celebra na nosa cidade o Día da Reconquista.
 Cartel da Reconquista 2014, de Cristóbal Aguiló

O barrio histórico volta ao século XIX unha fin de semana ao ano no mes de marzo: é a festa da Reconquista, a celebración máis emblemática de Vigo.
O 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e convertiu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. Tivo a súa recompensa: un ano despois, Fernando VII outorgou a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valerosa”.
Agora, cada 28 de marzo, durante 3 días, Vigo celebra a súa Reconquista: a súa zona histórica se converte nun inmenso mercado do século XIX ao aire libre, no que en calqueira esquina te atopas loitando aos franceses contra os vigueses. Xente caracterizada de soldados, pescadores e campesiños, as rúas engalanadas de época… É coma unha viaxe ao pasado.
Os mercaderes locais venden boísimos manxares, dende nécoras e mexilóns a empanadas ou churrasco, acompañados de viños da terra e licores tradicionais. Esta gran festa de Vigo continúa ata ben avanzada a noite, cun ambiente inmellorable.

Conocemos o Museo del Prado e o Louvre

Na aula de 5 anos, continuamos a investigar sobre os museos.

Durante o desenrolo deste proxecto, decidimos centrar a atención sobre varios museos da nosa cidade: Vigo. Así, traballamos os máis próximos á nosa escola ou os que visitamos nas excursións. Por iso, os museos de Vigo traballados foron: 
  • Museos visitados na excursión:
- Fundación Pedro Barrié de la Maza e Fundación Novacaixagalicia (premede nas ligazóns para lembrar as noticias ao respecto):


  • Museos próximos á escola e significativos para nós:
- Museo Verbum e Museo do Mar (premede nas ligazóns para lembrar as noticias ao respecto):


Para seguir adquirindo unha visión xeral sobre os museos máis importantes do noso arredor, estivemos a dar unha volta polo mundo, por fóra da nosa cidade. Así, visitamos Madrid e París para coñecer dous museos moi importantes: o Museo Nacional do Prado e o Museo do Louvre.

O primeiro que visitamos foi o Museo Nacional do Prado
Este museo é moi significativo para nós xa que na nosa aula estivemos a traballar cun cadro que alí se atopa: El caballero de la mano en el pecho, do Greco, e a curmá da nosa compañeira Ada nos enviou diferentes imaxes posando co famoso cadro.
Doutra banda, os nenos e nenas de 1º ciclo de primaria están a traballar coas Meninas, de Velázquez, e atopamos na escola unha enorme reprodución deste cadro, que tamén se atopa neste museo.
No Museo Nacional do Prado podemos atopar infinidade de obras variadas que o converten nun dos museos máis importantes do mundo e, tamén, nun dos máis visitados.
Aquí vos deixamos a ligazón á súa web: https://www.museodelprado.es/

Grazas á colaboración das familias, puidemos desfrutar da lectura deste conto: "Andrés en el Museo del Prado", que poderedes atopar e descargar na seguinte ligazón: http://andresenelmuseo.files.wordpress.com/2013/05/andrc3a9s-en-el-museo-del-prado.pdf
  Coma sempre, cada un dos nenos e nenas da aula, recolleu a información traballada na súa folla de rexistro.
Unha vez finalizado o traballo con Museo do Prado, comezamos a coñecer un pouco máis o Museo do Louvre, situado en París (Francia). Este museo é un dos máis importantes do mundo e o máis visitado. Fai anos, este edificio non era un museo, senón a residencia dalgúns reis que albergaban no seu interior as súas colecións de arte.
Na actualidade, sí é un museo e podemos acceder a el a través da pirámide de cristal que atopamos no medio do recinto.
Xa no seu interior, atoparemos milleiros de cadros de pintores moi importantes, así coma unha gran mostra de escultura, arte exipcia,... Na aula, estivemos a traballar cun dos cadros máis portantes que atopamos neste museo: La Gioconda, de Leonardo da Vinci.
Grazas a nosa compañeira Alis, que trouxo moita información da súa casa, puidemos coñecer máis datos sobre a figura de Leonardo da Vinci, sobre o Louvre e sobre este cadro tan famoso.
Cada un dos nenos e nenas fixo a súa propia reprodución da Gioconda e quedaron tadas chulísimas.

miércoles, 26 de marzo de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Coñecemos a Guillermo

Na aula de 4 anos, continuamos a traballar co conto "La mariquita Juanita" e a descobrir diferentes experiencias con ela. Nesta ocasión, coñecemos a un novo amigo de Juanita: "Guillermo, el grillo saltarín".
Coma sempre, o primeiro que facemos e ler a historia para, a continuación, realizar unha dramatización da mesma. O alumnado aproveitou a escena onde Juanita tenta desprazarse saltando como o seu amigo Guillermo para facer a vivencia deste anaco da historia. Todo isto nos axuda para levar a cabo un diálogo conxunto sobre a actitude de Guillermo e Juanita que, aínda que caen ao chan, deciden reir e xogar, non deciden chorar. Organizamos un diálogo sobre esta actitude e a comparamos co comportamento que nós temos  ante situacións similares no parque, no patio, etc.
Unha vez rematada a parte oral,  realizamos unha folla de actividades onde localizamos aos personaxes da historia, escribimos os seus nomes e os coloreamos.



 

Esperamos que vos teña gustado este novo conto e as experiencias que imos descubrindo co mesmo.

martes, 25 de marzo de 2014

Prantamos xirasoles

Ultimamente, a "cousa" vai de prantar. Se onte, vos comentabamos como fora a nosa excursión ao Parque Forestal de San Miguel, hoxe vos amosamos as imaxes da prantación de xirasoles que fixemos no horto escolar e nos xardíns do colexio.
Nas aulas de educación infantil, estamos a traballar coa figura de Van Gogh. Un dos seus cadros máis famosos (que están a traballar máis a fondo os nenos e nenas de 5 anos) é "Os xirasoles" e, por iso, decidimos prantar xirasoles para ver como medran na nosa escola e, tamén, facerlle unha pequena homenaxe a este importante pintor.
Aquí vos deixamos cunha presentación de imaxes. Se queredes acceder ás mesmas para as descargar, poderedes facelo na ligazón que aparece debaixo.

lunes, 24 de marzo de 2014

Excursión ao Parque Forestal de San Miguel

O pasado mertes, 18 de marzo, o alumnado de educación infantil saíu de excursión ao Parque Forestal de San Miguel de Oia.  
O obxectivo era facer un plantío de árbores autóctonas, actividade que forma parte do Proxecto de Educación Ambiental Voz Natura.
Noutras ocasións, xa realizamos esta actividade en educación infantil (para a lembrar, preme na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/03/prantamos-arbores-no-monte-de-san.html)
A primeira hora da mañá, subimos no autobús que nos desprazou ata o Parque Forestal de San Miguel de Oia. 

Alí, coma sempre, contamos coa gran axuda dalgúns integrantes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, de San Miguel de Oia.
 Coa súa gran axuda e tamén a colaboración das mestras puidemos facer a prantación de 25 novas árbores que, pouco a pouco, irán medrando e formarán parte deste Parque Forestal.
Unha vez finalizado o duro traballo, fixemos un paseo pola zona e, despois de camiñar un pouquiño, puidemos desfrutar das vistas do cole, Vigo e Baiona dende o alto do monte... bueno, e tamén descansar un anaco sobre a herba... Estabamos un pouco cansados/as.
 Tamén houbo tempo de merendar; pan con chocolate, froita variada e zumes de froitas foron a recompensa polo traballo tan duro e a caminata posterior.
En definitiva, unha xornada de martes moi interesante, productiva, amena e con mois bos resultados.
Se queredes desfrutar da totalidade das imaxes, podedes premer na seguinte ligazón: