jueves, 27 de marzo de 2014

28 de marzo. Día da Reconquista de Vigo

Lembramos a todas as familias de educación infantil que mañá, venres 28 de marzo de 2013,
non haberá clases 
xa que se celebra na nosa cidade o Día da Reconquista.
 Cartel da Reconquista 2014, de Cristóbal Aguiló

O barrio histórico volta ao século XIX unha fin de semana ao ano no mes de marzo: é a festa da Reconquista, a celebración máis emblemática de Vigo.
O 28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e convertiu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. Tivo a súa recompensa: un ano despois, Fernando VII outorgou a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valerosa”.
Agora, cada 28 de marzo, durante 3 días, Vigo celebra a súa Reconquista: a súa zona histórica se converte nun inmenso mercado do século XIX ao aire libre, no que en calqueira esquina te atopas loitando aos franceses contra os vigueses. Xente caracterizada de soldados, pescadores e campesiños, as rúas engalanadas de época… É coma unha viaxe ao pasado.
Os mercaderes locais venden boísimos manxares, dende nécoras e mexilóns a empanadas ou churrasco, acompañados de viños da terra e licores tradicionais. Esta gran festa de Vigo continúa ata ben avanzada a noite, cun ambiente inmellorable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario