miércoles, 19 de marzo de 2014

"La Princesa Frambuesa"

Na aula de 5 anos, desfrutamos coa lectura dun conto chulísimo: "La Princesa Frambuesa".
Grazas a Alba, a nosa mestra de prácticas, e a dúas compañeiras súas, puidemos dar lectura a este conto creado por elas e que lles gustou moitísimo aos nenos e nenas da aula.
Unha princesa coa tez rosada e o pelo verde é a protagonista da historia. Ela non quere ter ese aspecto físico e, de todos os xeitos, intenta mudar noutra persoa diferente; gustaríalle como esas princesas de conto, coa tez branquiña e o pelo de cor amarelo, pero non o consegue.
A través das páxinas do conto, puidemos descobrir as andanzas da princesa que, ao final, dase conta que o mellor e ser como é cada un e que non quere cambiar de forma física; así como ela é gústalle e non quere ser diferente.
Dende aquí, moitas grazas a Alba e as súas compañeiras por compartir con nós esta historia tan chula.
O alumnado de 5 anos quixo seguir creando princesas diferentes. Así, cada un deles puido debuxar unha princesa coas características que quixeran, porque non todas teñen que ser "perfectas": rubias, delgadas, altas, coa tez branca, etc.
Aquí tedes o resultado:


No hay comentarios:

Publicar un comentario