jueves, 10 de abril de 2014

Elaboramos pocións máxicas coas cores

Como xa vos contabamos en entradas anteriores, os nenos e nenas de 5 anos estamos a traballar coa mistura das cores para formar outras novas. As primeiras que investigamos, e que resultaron certas, anotámolas nunha cartolina que colgamos na aula e as fomos traballando nas nosas follas de rexistro.
Agora, grazas ao conto "La Bruja Colorea" descobrimos máis e as engadimos tamén.

Hoxe, vos presentamos o resultado das nosas pocións, que fomos anotando nas nosas follas de rexistro. Agardamos que vos guste.


PÓCIMA NÚMERO 1: VERMELLO + AMARELO = LARANXA
PÓCIMA NÚMERO 2: AZUL ESCURO + BRANCO = AZUL CLARO
PÓCIMA NÚMERO 3: AMARELO + AZUL = VERDE
PÓCIMA NÚMERO 4: VERMELLO + BRANCO = ROSA
PÓCIMA NÚMERO 5: VERDE ESCURO + BRANCO = VERDE CLARO
 PÓCIMA NÚMERO 6: AZUL + VERMELLO = VIOLETA
 Por último, e como xa vos contamos nalgunha entrada anterior, tamén traballamos coas cores primarias e secundarias, e colgamos unha cartolina indicativa na aula.
Que vos parece a nosa investigación sobre as cores? É chulo este libro "La Bruja Colorea", verdade? Ensínanos moitísimas cousas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario