martes, 30 de septiembre de 2014

Buscando landras

Na aula de 4 anos estivemos a ler o conto titulado "Xaime e as landras". Despois desta actividade e de falar un pouco sobre a historia, decidimos que todos/as nos convertiriamos en Xaime e atoparía landras para as prantar e conseguir carballos fortes e robustos.
Así, buscamos polo colexio onde podiamos atopar algún carballo e, non había un, senon dous: un está situado no patio dos maiores e o outro no camiño de entrada á escola. Así, estivemos en cada un deles e puidemos recoller as landras que xa tiraran.
Agora, toca o máis importante de todo: facer ben a prantación e que comecen a medrar as nosas árbores.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da xornada.

martes, 23 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-10º día

Hoxe, martes 23 de setembro, rematou o Período de Adaptación para o alumnado de 3 anos da escola. Mañá, xa virán ao colexio no seu horario habitual (09:30-14:30) e co resto de compañeiros e compañeiras.
Para rematar unha etapa ou período de adaptación, novas e descubrimentos, que mellor forma de facelo que cun diploma chulísimo que poderemos colgar no noso cuarto da casa.
Doutra banda, hoxe tamén iniciamos o camiño dunha nova actividade moi divertida e que servirá de nexo de unión entre a familia e a escola. Levamos para as casas unha cartolina co debuxo dun monigote; o obxectivo da actividade é que as familias (xunto cos seus fillos/as) decoren o monigote cunha imaxe similar ao neno/a (poder ser debuxado, con algunha imaxe, tipo collage, con texturas, etc.) Posteriormente, traerán o monigote á aula e con el faremos diversas actividades. 

lunes, 22 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-9º día

Hoxe, se desenvolveu o penúltimo día deste Período de Adaptación e recibimos na aula á totalidade dos nosos compañeiros/as. Había moitos nenos e nenas... maís dos que habitualmente estamos na clase!!!
Coma sempre, realizamos as nosas rutinas: cantamos a canción dos Bos Días, pasamos lista e escollimos encargada; hoxe lle tocou a Sara. Escribimos o seu nome no encerado da aula e, entre todos/as fomos descubrindo as partes da súa cara, mentres a mestra facía o seu debuxo.

Tamén, estivemos a xogar entre todos/as e a realizar as correspondentes presentacións. Na aula, contamos co noso mono Paco e, cada un de nós, se foi presentando a Paco para que, o resto de nenos e nenas, dixera o seu nome en alto e todos/as nos lembráramos de como se chamaba o noso amigo/a.
Despois de realizar estes xogos, chegou a hora da merenda. Pouco a pouco, tivemos que ir ao baño a facer pis e lavar as mans para, posteriormente, merendar e baixar a xogar ao patio da escola.
Antes de marchar para as casas, a mestra lles colocou a cada neno/a unha medalla de ouro de campeóns, cun "excelente" escrito, xa que realizaron un moi bo período de adaptación.
Aquí vos deixamos coas imaxes. 

Período de adaptación 3 anos-8º día

O pasado venres, 19 de setembro, rematou a segunda semana do noso Período de Adaptación na aula de tres anos.
Coma o resto destes días, estivemos na escola durante un período de hora e media, no que realizamos as nosas tradicionais rutinas, xogamos e nos divertimos.
Coma os venres son os días que nos toca educación física, o primeiro dos grupos tivo a sorte de coñecer ao mestre Daniel e baixar ao ximnasio para ver como era o espazo e realizar actividades de recoñecemento (o vindeiro venres serán os outros nenos/as os que baixarán e realizán estas mesmas actividades)

Ás 12:30 horas, chegaron os nenos/as doutro grupo e realizaron unha divertida actividade. Coma o día estaba de chuvia forte, aproveitamos para debuxar unha enorme nube no encerado da aula e, cada un dos alumnos e alumnas, puido debuxar a caida das gotas de chuvia dende a nube ata o chan. Representámolo de diferentes maneiras e, unha vez rematado o xogo, puidemos decorar unha nube moi grande con témpera de cor azul utilizando o noso dedo índice (o dedo de pintar). Aquí podedes ver o resultado.


Esta semana, xa comezamos a vir á escola o grupo enteiro. Hoxe, estaremos na escola dende as 10:00 ata as 13:00 horas.

jueves, 18 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-7º día

Como cada día, aquí vai o resumo da xornada de hoxe deste Período de Adaptación do alumnado de 3 anos.
Como cada día, o primeiro que fixemos ao chegar á aula foi colgar as nosas cousas e coller mandilón e libreta, para que a mestra nos axude a colocalo, así como lea as libretas por se ten que escribir ou ler algunha nota das casas.
Posteriormente, xa na asemblea da aula, cantamos os Bos Días, escollimos encargado/a, pasamos lista...
Despois de realizar as rutinas, recibimos na clase á mestra Ángeles que, durante este curso, virá de mestra de apoio á aula e realizará con nós actividades variadas. Coa mestra e máis con Ángeles realizamos un xogo moi divertido: "O Xogo das Estatuas"; consistiu en que cando a música estaba a soar, tiñamos que bailar pola asemblea e, cando paraba, nos tiñamos que convertier en estatuas e estar ben quietiños e quietiñas, sen nos mover nada de nada. Fixemos diferentes variacións cando non había música: converternos en estatuas, sentarnos no chan coma índios, tumbarnos no chan coma tomando o sol,...
Aproveitando que hoxe estaba o día de choiva, a mestra nos ensinou o seu paraugas e fixemos o mesmo xogo coa música; cando soaba, tiñamos que bailar e, cando non soaba, nos tiñamos que colocar todos xuntiños/as debaixo do paraugas da mestra para non nos mollar... Foi moi, moi divertido!!! Pasámolo moi ben!!!
Ao rematar o xogo, a mestra Paula tiña unha sorpresa para cada un: un debuxo moi chulo dun paraugas, que poderiamos decorar como máis nos gustará. Unha vez pintado, puidemos poñer diferentes pegatina na imaxe.
 
Quedaron chulísimos!!!
Despois de tanto traballar, tamén houbo tempo para xogar, tanto á plastilina, coma a cociña, que tanto nos gusta. 

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-6º día

Hoxe, mércores 17 de setembro, tivo lugar a 6ª visita do alumnado de tres anos á escola.
Nesta ocasión, coma sempre, realizamos as nosas tradicionais rutinas (que nos acompañarán durante todo o curso): chegamos, colgamos a mochila e a cazadora, collemos a libreta e o mandilón. Cando xa tiñamos todos/as o mandilón posto, nos diriximos á asemblea da aula onde cantamos a canción dos Bos Días, que podedes ver no seguinte vídeo:
A continuación, escollimos ao encargado/a dese día, que foi o responsable de pasar lista na aula e colocar as fotos dos compañeiros/as no sitio correspondente: ou na casiña ou na escola, segundo estiveran ou non.
Cando rematamos coas rutinas de todos os días, a mestra nos contou a historia dunha amiguiña súa: unha bolboreta moi bonita que tamén estaba na escola coma nós. A historia foi similar á seguinte (adaptada pola mestra ás rutinas e características do colexio):



LA PEQUEÑA MARIPOSA VA AL COLE


Había una vez una pequeña mariposa que vivía con su mamá y con su papá en una preciosa casa en mitad de un claro del bosque. 
Un día, la mamá la peinó con dos coletas, le puso un poco de colonia y le dijo que iba a ser su primer día de cole. Lola, que así se llamaba la mariposa, se puso muy contenta y revoloteaba un poco nerviosa de aquí para allá. 
Cuando llegó al colegio le gustaron los grandes lunares negros de la Señorita Mariquita, las clases de música del maestro Grillo y dar vueltas con el profesor Cañafote. En el arenero se encontró con su amiga la luciérnaga y con todos sus demás amiguitos del bosque.  
Todo iba bien hasta que un día Lola le dijo a su mamá: 
- Me parece que no voy a ir más a la escuela. Mejor me quedo en casa jugando con mis muñecas. 
Su mamá no lo podía creer: 
- Pero si hasta ayer te encantaba el colegio… ¿cómo puede ser que hoy no quieras ir? 
- Bueno, la escuela está bien pero me cansé - dijo Lola empezando a hacer pucheros mientras jugaba con un palito a hacer dibujos en la tierra.
 En ese momento llegó su papá, se sentó a su lado y le preguntó: 
- Dime preciosa, ¿qué te gustaría hacer cuando seas mayor? 
Entonces la mariposita se olvidó del palito y toda entusiasmada le empezó a contar a su papá: 
- Me gustaría pintar cuadros como la mamá de mi amiga luciérnaga, cocinar ricos dulces como mamá y tener un vestido de bailarina lleno de lentejuelas para poder bailar “la danza del duende Gominola”. 
- Y todas esas cosas tan interesantes, ¿dónde las vas a aprender?: preguntó el papá. 
La mariposa se quedó pensando un ratito, después le brillaron los ojitos
y dijo sonriendo:
- ¡Ah!… Ya entendí. Me parece… que voy a ir a la escuela todos los días.
Así que se preparó con su mejor vestido para poder ir a la escuela.
Entonces, su mamá le puso en la bolsita unas ricas galletitas caseras y un vasito de agua con tapa.       
A la semana siguiente, fue su cumpleaños. En la escuela, la sorprendieron con una gran fiesta con globos y confeti. La mamá le preparó la tarta y la vistió con un bonito vestido. El maestro Grillo le tocó con su violín música de Tschaikowsky y Lola pudo bailar “La danza del duende Gominola”.
Cuando terminó, todos aplaudieron y le dieron un montón de besos. Y desde ese día Lola la mariposa no quiso faltar ni un solo día a la escuela.
 
 Unha vez que coñecimos á bolboreta, a mestra nos animou a colorear e decorar unha igual á súa. 

Fixémolo fenomenal; primeiro, pintamos con cores variadas a imaxe e, posteriormente, colocamos diferentes pegatinas sobre a mesma. 
A mestra quedou encantada!!!

martes, 16 de septiembre de 2014

Período de adaptación 3 anos-5º día

Hoxe, continuamos co Período de Adaptación do alumnado de tres anos da escola. Nesta ocasión, adquirindo progresivamente as pequenas rutinas da aula; así, unha vez que subimos e entramos ao aula, o primeiro que fixemos foi colgar a nosa mochila, coller a libreta viaxeira, coller o mandilón e nos sentar na nosa cadeira. Unha vez sentados todos e todas, a mestra nos axudou a nos poñer o mandilón e, pouco a pouco, puidemos ir abotoando con moita paciencia.
Unha vez que todos e todas estivemos preparados/as realizamos unha actividade moi chula; cambiamos as fotos das perchas que tiñamos en branco e negro, por unhas máis chulas con animais (que previamente escollimos na aula) e coa nosa foto.
Quedaron chulos, verdade!!!
 
 
 As nosas fotos antigas do percheiro, usámolas para colocar nas nosas mesas e, así, saber en que cadeira estamos sentados/as.
 Tamén tivemos tempo para xogar un pouco, pintar e nos divertir mentres coñcemos un poquiño máis a nosa mestra e aos nosos compañeiros/as.
Mañá, máis novas. De momento, aquí vos deixamos cunha imaxe do material que utilizaremos mañá na aula. Xa podedes pensar para que nos servirá...