martes, 17 de febrero de 2015

Aportacións das familias ao proxecto

As nosas familias continúan aportando obxectos similares aos da Prehistoria, elaborados por eles mesmos. hoxe, aquí vos deixamos unha mostra das aportacións que chegan ás aulas.
Martín, tróuxonos un collar de corda no que estaban insertados unha pedra e algunhas conchas mariñas.
Héctor aportou un collar feito con conchas de mar e un instrumentos musical, tamén feito con conchas; sobre a base dun pao engancharon uns anacos de corda con conchas ao seu arredor, de tal xeito que cando movemos o pao, escoitamos música.
 Leire, Antón e Iago aportaron debuxos variados, relacionados co modo de vida dos homes e mulleres da Prehistoria.
Samuel deseñou coa súa familia unha fogueira moi chula, así como unha lanza moi similar ás que se utilizaban fai anos.
 Zoe aportou milleiros de imaxes sobre petroglifos (aquí vos deixamos soamente unha pequena mostra, xa que trouxo un montón)


E Abrham fixo este libro tan chulo sobre a Prehistoria.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario