martes, 3 de febrero de 2015

"Mis amigos y amigas del colegio"

Na aula de tres anos da escola, contamos cunha novidade: este libro-xogo que rotará polas casas do alumnado, titulado "Mis amigos y amigas del colegio".
Como ben podedes ver nas imaxes, está composto dunha cuberta onde aparecen todos os nenos e nenas da aula, unha folla con indicacións para as familias, e os nomes, fotos e monigotes que nos servirán para xogar; para rematar este libro-xogo, na parte posterior do mesmo atopamos unhas follas en branco para que as familias poidan deixar a súa opinión.
Aquí vos deixamos coa idea, que agardamos vos guste e, se queredes, poñades en práctica nas vosas aulas, xa que resulta un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario