viernes, 6 de marzo de 2015

As familias colaboran...Coñecemos China

Tiñamos pendentes de compartir con todos estas imaxes da sesión realizada na aula de 4 anos, onde o alumnado coñeceu un pouquiño máis China.
Nesta aula, contamos coa presenza de Anika, unha nena con nai chinesa, que tivo o detalle de compartir con nós curiosidades variadas sobre este país, xusto o mesmo día que daba comezo ou se celebraba o Aninovo Chinés. Sabedes que en China este ano se celebra "O ano da cabra"???
As letras e os caracteres tamén son moi diferentes; puidemos trazar con pintura negra a palabra "primavera" nunha folla de papel. Nas imaxes poderedes ver que poucas "palabras" tivemos que precisar!!!
Por outro lado, un dos símbolos máis característicos deste país é o dragón, así que non deixamos pasar a oportunidade de pintar un, así coma de formar coas nosas mans un dragón xigante no corredor da aula.
Por último, Anika nos ensinou unha canción chinesa e un baile moi divertido.
Pasamos unha xornada moi, moi divertida e entretida na que, grazas á colaboración da nai de Anila (GRAZAS sempre ás familias por colaborar) puidemos descubrir máis aspectos doutras culturas.

2 comentarios:

  1. Se ve que ao mesmo tempo que aprenderon moito sobre China, tamén disfrutaron moitísimo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por comentar, Ana!
    Un bico e boa semana

    ResponderEliminar