martes, 24 de marzo de 2015

Saída ao Castro de Vigo

Os nenos e nenas de cinco anos fomos ver o Castro de Vigo; esta saída tivo lugar o pasado mércores, 18 de marzo de 2015. Estivemos acompañados polo alumnado de 1º curso de Educación Primaria que realizou con nós esta excursión.
 Cando chegamos, alí estaba esperando Rosa, a arqueóloga encargada de explicarnos todo o referido a esta época histórica.
Primeiro, nos dirixíu a unha maqueta do parque, onde puidemos ver a distribución do castro, e a situación xeográfica dos castros do resto da cidade e da área limitrofe. Posteriormente, nos explicou a diferencia entre a construción romana (de forma cadrada con teito de tella) e a construcción anterior (en forma de círculo e con teito de palla de centeo). Ao remate da explicación, entramos nas diferentes construcións sen preguntar nada ata o final; tivémonos que fixar moi ben en todos os detalles porque ao final Rosa xogou con nós a nos facer preguntas sobre aqueñas cousas que viramos: cales eran, onde estaban colocadas,... así, ela aproveitou para ampliar a súa explicación. 
Unha vez rematada a visita, fomos almorzar a unha pequena área de descanso moi pretiño. Aquí deixamos unha pequena mostra gráfica desta saída.

No hay comentarios:

Publicar un comentario