miércoles, 18 de marzo de 2015

Saída ao Parque Forestal de San Miguel de Oia

Mañá, o alumnado de educación infantil sairá de excursión ao Parque Forestal de San miguel de Oia. Alí, levaremos a cabo a prantación de carballos, como xa o temos feito en outras ocasións (aquí, aquí e aquí), contando coa colaboración dos homes da Comunidade de Montes, sempre tan agarimosos con todos e todas.
Aproveitando esta saída e o tema do proxecto deste ano sobre a Prehistoria, o alumnado poderá descubrir nesta zona unha obra de arte de fai moitos, moitos anos: os petroglifos. 
Os petroglifos son gravados da época prehistórica (máis concretamente do período Neolítico), que se facían sobre as rochas; son o máis cercano antecedente dos símbolos previos á escritura e se utilizaban como forma de comunicación.
Estade moi atentos a este blog xa que cando teñamos todas as imaxes as subiremos a esta plataforma.

2 comentarios: