jueves, 30 de abril de 2015

Días non lectivos

Lembramos a todas as familias que tanto mañá, VENRES 1 DE MAIO, coma o LUNS 4 DE MAIO, NON HABERÁ CLASES xa que son días festivo e non lectivo da escola.
Retomaremos as clases o vindeiro martes, 4 de maio.

Podedes consultar toda a información sobre o calendario escolar na seguinte ligazón:

viernes, 24 de abril de 2015

Día do Libro 2015

Onte, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO.
En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial. Esta actividade dividíuse en dúas partes: 
- A importancia da lectura: puidemos desfrutar dun vídeo  que nos transportou a un lugar máxico, e cunha poesía que nos lembrou cousas que podemos atopar na lectura.
- O libro "El Quijote": recitaron algúns parágrafos e lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra, sobre todo unha das que máis teñen que ver coa lectura: "El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". 
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido: "A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e se colocou no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños/madriñas aos afillados/as e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
 Dende o equipo de BiblioRía agasallamos aos nenos/as cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
  A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

martes, 21 de abril de 2015

Contacontos con Manuel Solla (Actualizada)

Onte, na BiblioRía, recibimos a visita de Manuel Solla, co que pasamos unha xornada moi divertida e chea de historias, grazas á editorial SM.
Recibírono todos os nenos e nenas da escola, en quendas diferentes. O alumnado de educación infantil desfrutou con diferentes historias relacionadas coa prehistoria: fixeron xogos de interpretación, debuxos sobre a época,... Nas nosas aulas, estamos a traballar con este conto de SM, titulado "La Prehistoria", co que as familias agasallaron aos nenos e nenas polo Nadal.
Aquí vos deixamos coas imaxes das sesións realizadas con todo o alumnado durante toda a mañá.
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

lunes, 20 de abril de 2015

Visita das madriñas/padriños lectores

Esta semana, celebramos na escola o Día do Libro e milleiros de actividades inundan o colexio, grazas a nosa BiblioRía
O pasado venres, 10 de marzo, os padriños/madriñas lectores do alumnado máis novo da escola acudiron ás aulas para coñecer aos seus afillados/as. Foi unha xornada moi especial; os afillados/as estiveron comentando cales eran os seus gustos e preferencias, cales eran os contos que máis lles gustaban, as temáticas,... así, os padriños e madriñas tomaron ben de notas para poder atopar diferentes historias nos contos que se adapten aos gustos dos seus afillados.
O vindeiro xoves, 23 de abril: DÍA DO LIBRO, realizaremos no patio (se o tempo acompaña) unha sesión de lectura entre eles que, como cada ano, merece moito a pena desfrutar.
Aquí vos deixamos coas imaxes do día e estade moi atentos e atentas ao blog para seguir todas actividades desta semana tan lectora.


Fonte das imaxes e da información: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

miércoles, 15 de abril de 2015

Xogamos, Axudamos e Cooperamos

Despois de traballar a unidade didáctica de xogos de patio no final do 2º trimestre, temos un 3º trimestre non menos movido!!! De primeiro e seguindo o traballo de convivencia das unidades anteriores, temos unhas sesións nas que procuramos o traballo coopertativo...!!!

martes, 14 de abril de 2015

Museo Arqueolóxico de Vilalba

GRAZAS á colaboración das familias, os proxectos que realizamos cada ano en educación infantil se converten en todo un éxito.
Nesta ocasión, Abrham, da aula de 5 anos, comparte con todos nós a súa visita ao Museo Arqueolóxico de Vilalba; aquí vos deixamos cunha seleción de imaxes da visita que agardamos vos gusten.

lunes, 13 de abril de 2015

Manualidade: os castros

Nas aulas de educación infantil, comezamos a realizar unha manualidade a partires de botellas de auga: uns castros prehistóricos. Pouco a pouco, a idea va tomando forma e hoxe vos deixamos aquí estas imaxes da actividade: