viernes, 29 de mayo de 2015

jueves, 28 de mayo de 2015

Teatro prehistórico

"La cueva de Altamira", esta foi a obra de teatro que tres nenos de 6º e un neno de 5º representaron para o alumnado de educación infantil. A obra tivo lugar na BiblioRía da escola e Gaspar foi a que a presentou.
A representación tiña dúas partes: na primeira, fixeron unha representación do conto e, na segunda parte, explicaron, sobre un power point, onde está a Cova de Altamira, como vivían naquela época e as pinturas que facían. 
Por último, un neno recitou unha fermosa poesía sobre o conto, creada por él mesmo.
Os nenos e nenas de infantil pasárono moi ben!!! e os nenos/a maiores o fixeron estupendamente.Dende aquí, lles damos as grazas e un bico enorme tamén á mestra Geli que lles axudou en todo o proceso de creación.
 Non vos perdades as fotos! Preme na imaxe e accede ao blog da BiblioRía para poder ver as imaxes.
http://biblioria.blogspot.com.es/2015/05/teatro-prehistorico-para-os-nenos-e.html
 Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

miércoles, 27 de mayo de 2015

Que libro máis interesante!!!

Como xa vos contabamos no post de onte, as familias agasallaron aos nenos polo Nadal este libro tan interesante sobre a Prehistoria.
 Un libro interesantísimo onde podemos descubrir milleiros de imaxes e información sobre a época do ano que estamos a traballar. Aos nenos e nenas de 3 anos lles encanta ler este conto despois da merenda e aquí vos deixamos cunhas imaxes do ben que o pasan.

martes, 26 de mayo de 2015

Somos arqueólogos

Os nenos e nenas de 3 anos convertíronse en arqueólogos para pasar unha divertida xornada na escola, investigando e atopando restos arqueolóxicos da Prehistoria.
O elemento motivador foi esta imaxe atopada no libro co que as familias agasallaron aos seus fillos polo Nadal.
Despois das correspondentes preguntas e de investigar a labor que realizan os arqueólogos, decidimos que nós tamén desenvolveriamos este oficio tan complicado e, por iso, nos decidimos a buscar polo areeiro da escola e polo patio diferentes restos desta época... e os atopamos!!!
Aquí vos deixamos coas imaxes.

viernes, 22 de mayo de 2015

Recibimos o "Premio Black Wolf"

O pasado martes, o noso blog recibiu este "Premio Black Wolf" de mans do blog "PEQUEÑOS MONSTRUITOS", que vos recomendamos visitar xa que publica unhas entradas moi interesantes sobre o día a día nas aulas, e que tamén resultou finalista dos Premios Espiral polo seu gran traballo.

Como casi todos os premios, este tamén ten unhas condicións:
1- Agradecer publicamente a quién te nominou.
2- Contestar ás 5 preguntas.
3- Nominar 15 blogs.
4- Notificar publicamente sobre o premio aos nominados

As preguntas son as seguintes:

"¿El primer libro que leímos?" Pois, non temos consciencia de cal foi, pero seguro que un cheo de imaxes e con pouquiña letra. Cada día, atopamos milleiros de libros preciosos que non invitan a ler e a sumerxirnos en historias fantásticas así que NON DEIXEDES DE LER!!!

"¿Por qué escribimos?" Para compartir as nosas vivencias coa Comunidade Educativa e con todas aquelas persoas que estean interesadas no mundo educativo e, sobre todo, na educación infantil. Doutra banda, queremos compartir recursos e ideas que melloren o noso traballo e faciliten o día a día da preparación de material e busca de ideas para traballar nas casas e nas aulas.

"¿Tenéis una musa o inspiración?" O noso día a día é o que nos inspira á hora de facer as publicacións. Todo o que sucede na escola procuramos que sexa publicado no blog para que todo o mundo poida estar informado do que acontece. Tamén, nos inspiramos nas festas, conmemoracións,... ou todo aquelo relevante que precisemos compartir.
  
"¿Escribes lo que vives o vives lo que escribes?" Escribimos sobre o que vivimos.

"¿Quién ha sido vuestro gran amor?" Pois, neste caso, supoñemos que o amor polo noso traballo, polo que facemos día a día e que consideramos tan importante para o futuro desenvolvemento dos nenos e nenas.
 
Nominamos a estes blogs:
1. LA CLASE DE MIREN 

2. TECENDO HISTORIAS 

3. PEQUEÑOS MONSTRUITOS 

4. MI MUNDO SABE A NARANJA

5. MI COLE, MI PEQUEÑO MUNDO 

6. PEQUERRECHOS DE BEA 

7. ESCOLA DE CASALONGA 

8. UN MUNDO DE PEQUEÑAS COSAS

9. EN LA ESCUELA CABEN TODOS 

10. LA CLASE DE LUNA

11. COLE DE COLORES

12. AVENTURA DIMINUTA

13. LA CLASE DE LAURA

14. LOS PEQUES DE MI COLE 

15. SOÑANDO SONRISAS

    jueves, 21 de mayo de 2015

    Pintando camisetas

    Na escola somos uns apasionados en facer e deseñar camisetas. Despois dos modelos
     chega o turno de "Sorría, eu son do Ría". Pouco a pouco, xa estamos a rematar todas; de momento, aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

    miércoles, 20 de mayo de 2015

    "Camiña con nós pola igualdade"

    Os nenos de 6º de educación infantil tivemos a nosa segunda e última sesión do programa “Camiña con nós pola igualdade” con Elsa, a educadora que realizou con nós as actividades. (Para lembrar a primeira sesión, podes premer nesta ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2015/01/camina-con-nos-pola-igualdade.html)
    Nesta sesión aprendimos o significado da palabra “colaborar” así coma traballamos a importancia da colaboración familiar na realización das tarefas do fogar.
    Elsa contounos un conto titulado “O libro dos porcos”, onde os protagonistas non axudaban en nada a súa mamá. Un día, a mamá, que xa estaba moi cansa, marchou de vacacións e os deixou soliños na casa; como non sabían facer nada olvidáronse de poñer a lavadora, ir a compra, aspirar..., ata que se lles puso cara de porquiños.
    Cando a mamá regresou, eles estaban moi arrepentidos e a partir de ese día colaboraron sempre nas tarefas do fogar.
    Unha sesión moi educativa e divertida, que podedes observar nas seguintes imaxes.