Os nenos de 6º de educación infantil tivemos a nosa segunda e última sesión do programa
“Camiña con nós pola igualdade” con Elsa, a educadora que realizou con nós as actividades. (Para lembrar a primeira sesión, podes premer nesta ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2015/01/camina-con-nos-pola-igualdade.html)
Nesta sesión aprendimos o significado da palabra
“colaborar” así coma traballamos a importancia da colaboración familiar na realización das
tarefas do fogar.
Elsa contounos un conto titulado “O libro dos porcos”, onde os
protagonistas non axudaban en nada a súa mamá. Un día, a mamá, que xa estaba moi
cansa, marchou de vacacións e os deixou soliños na casa; como non sabían facer
nada olvidáronse de poñer a lavadora, ir a compra, aspirar..., ata que se
lles puso cara de porquiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario