jueves, 14 de mayo de 2015

XUNTOS POLA PAZ!!! Saída ao CEIP. Castelado, de Navia

Mañá, o alumnado do noso cole visitará o CEIP. Castelado, de Navia, para realizar unha xornada de convivencia e xogos, como xa ben sendo habitual entre nós.
Debido as condicións meteorolóxicas, tivemos que cancelar esta convivencia en varias ocasións pero parece que mañá xa poderá ser posible.
Por iso, nas dúas escola xa estamos con todos os preparativos das actividades. No noso cole, estivemos ensaiando as cancións que cantaremos e bailaremos todos xuntos, formando grandes rodas.
Doutra banda, hoxe recibimos no correo electrónico a invitación dos nenos e nenas da Navia para que visitemos a súa escola. Aquí podedes ver a invitación (tedes que ter un pouco de paciencia porque tarda en comezar un pouquiño)
Coma sempre, mañá será un día fermoso de convivencia entre dúas escolas. Cando teñamos todas as imaxes da xornada, subirémolas a este blog, así que estades moi atentos e atentas!!!

2 comentarios:

  1. Seguro que o pasáchedes fenomenal. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Pois hoxe é o día. Xa amosaremos neste blog como foi a xornada que, sempre, funciona moi ben.
    Grazas por comentar, Ana.
    Biquiños e boa finde

    ResponderEliminar