miércoles, 6 de mayo de 2015

Saímos de excursión ao Castro

Dende fai moitos días, os nenos e nenas de 3 e 4 anos estamos preparados para ir de excursión ao Monte do Castro de Vigo, ou para ir a ver as "casiñas dos prehistóricos", como dicimos na aula.
Así, coma sempre que realizamos unha saída, realizamos actividades de motivación previas para saber onde imos, como nos temos que comportar e o que imos a ver. Por iso, descubrimos a nosa cidade de Vigo e a identificamos entre outras cidades. 
Esta é a nosa cidade na actualidade...
 ... pero fai moitos anos, este era o seu aspecto.
 Na época prehistórica non atopabamos os edificios nin as tendas de hoxe en día, como tampouco os milleiros de comodidades que temos. Fai anos, os homes e mulleres vivían nestas casas, chamadas castros, feitas de pedras e palla.
 
Na visita de hoxe descubriremos moitas curiosidades sobre estas construcións, así coma sobre o tipo de vida que levaban naquela época. En canto teñamos as imaxes da saída, as subiremos a este blog, así que estade moi atentos e atentas que de seguro o pasamos"pipa"

No hay comentarios:

Publicar un comentario