Os nenos e nenas de 5º
de educación infantil (4 anos) estamos a ler estes días o conto titulado
"Xaime e as landras"
Este luns, despois do proxecto
lector,acompañados do profe Dani e a profe Tere estivemos buscando un carballo
polo colexio. Antes a profe Tere deunos algunhas pesquisas, e buscando,
buscando atopamos un carballo na entrada á escola e alí puidemos ver as súas
follas, o seu tamaño, e recoller algunhas
landras.
Agora, imos levar estas landras
para a clase, e nas vindeiras semanas iremos facendo novas actividades que iremos amosando dende este blog. Esperamos que disfrutedes
tanto coma nos con esta actividade.