viernes, 28 de octubre de 2016

PSICOMOTRICIDADE

Os nenos e nenas de cinco anos estivemos a traballar o equilibrio cunha actividade moi divertida "A SERPE" coa profe de Educación  Física. Aquí queda unha pequena mostra desta divertida actividade.









 

jueves, 27 de octubre de 2016

SAMAIN

MURAL DE SAMAIN
Os nenos e nenas de educación infantil estivemos estes dias moi atarefados facendo o mural do SAMAIN, aquí vos deixamos un video que recolle unha mostra do noso traballo.Esperamos que vos guste.

miércoles, 26 de octubre de 2016

SAMAÍN



O vindeiro venres celebraremos todos xuntos o SAMAÍN no colexio!! Para decorar as zonas comúns os nenos/as de 3 anos, a parte dos morcegos que fixemos na casa coas nosas familias...







...fixemos unhas cabazas xigantes que nos quedaron moi bonitas!
Entre todos picamos con punzóns moitas tiras longas de cor laranxa e dúas follas verdes para cada cabaza.

























Logo fixémoslle uns buratos no borde, xuntamos todo e separamos as diferentes tiras. Así de fermosas quedaron!


 



martes, 25 de octubre de 2016

BiblioRia

O GRAN DÍA

O  día 24 de outubro, como xa sabedes, é  o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e foi o día sinalado para facer a reapertura da nosa Biblioteca Escolar.
Fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar. O título do proxecto de centro deste ano é 
"AS MARABILLAS DO MUNDO"
O alumnado de educación infantil visitou a biblioRía  nada mais chegar ao cole. Invitamovos a visitar o blog da BiblioRia para que vexades todo o que alí se desenvolveu. 


A BiblioRía de Gaspar

lunes, 24 de octubre de 2016

SAMAIN

SAMAÍN
Os nenos e nenas de cinco anos estes dias estivemos moi atarefados facendo manualidades para decorar os nosos corredores para o SAMAIN.
o primeiro que fixemos foi unha pantasma con pratos  de papel
 ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN












viernes, 21 de octubre de 2016

GASPAR

O NOSO AMIGO GASPAR XA ESTA A PIQUES DE CHEGAR A NOSA BIBLIOTECA.
ENTRA NO BLOGUE DA BIBLIO E ATOPARÁS AS SÚAS NOVAS PARA ESTE CURSO.

 http://biblioria.blogspot.com.es/

jueves, 20 de octubre de 2016

PSICOMOTRICIDADE

EN INFANTIL MOITO NOS MOVEMOS
Así, durante unha hora semanal a través dunha proposta educativa do máis variada, os nenos e nenas máis pequenos do noso cole afianzan a súa identidade e autonomía persoal, o esquema corporal, a lateralidade... baixo unha perspectiva lúdica na que a particiapación, o respecto e a socialización xogan (entre outros) un papel importantísimo.
O manexo de material específico deste área (aros, cordas, pelotas, colchonetas...) resulta para todos eles o eixo motivador.
Ademaís, como podedes apreciar nas fotografías, xunto co quentamento e parte principal de cada unha das sesións, como parte final tamén aprenden a volver á calma traballandoo co control da respiración, para vovler ao aula o suficientemente calmados despois de pasalo tan ben.