lunes, 3 de octubre de 2016

PSICOMOTRICIDADE

Este ano, contamos na escola con Soraya, a nosa mestre de  Psicomotricidade, coa que desenvolvemos unhas sesións moi entretidas.
 Para aqueles compañeiros e compañeiras que se incorporan o centro queremos recordar algunhas normas básicas para  participar na clase.


 


Na Educación Infantil, por motivos de saúde e hixiene, entre outros, é necesario traer o seguinte material para poder participar na clase:

- Roupa cómoda de deporte, tipo chándal.

- Zapatillas de deporte (con velcro en vez de cordóns, a ser posible).

- Para evitar as molestias dos nenos/as con pelo lomgo, sería importante traelo recollido dalgunha forma (goma, diadema,...). O pelo longo solto dificulta os desprazamentos e nun momento en concreto que se meta o mesmo diante da cara, pode ser perigoso pola falta de visibilidade.

 - Para evitar posibles lesións na práctica dos xogos é aconsellable, así mesmo, non practicar deporte con reloxos, pendentes grandes ou que colguen moito, aneis, pulseiras de materiais duros... para así evitar posibles enganches ou golpes.

- Tamén é aconsellable traer unha goma ou corda nas gafas, para os nenos e nenas que as leven (sempre que as precisen para a práctica deportiva). Así, evitaremos posibles roturas das mesmas.

O NOSO HORARIO O LONGO DO CURSO 2016/17 SERÁ O SEGUINTE:


CURSO
DÍA
4º EDUCACIÓN  INFANTIL
LUNS
5º EDUCACIÓN INFANTIL
MÉRCORES
6º EDUCACIÓN INFANTIL
MARTES

No hay comentarios:

Publicar un comentario