jueves, 17 de noviembre de 2016

4º DE INFANTIL E PSICOMOTRICIDADE e " PASO POLO ARO"

Nunha das sesións semanais de psicomotricidade, todos os nenos e nenas de EI tiveron que enfrontarse a pasar por un estreitiño túnel feito por aros, onde a misión consistía en chegar sans e salvos ao final do mesmo, onde se atopaba unha colchoneta, para eles non podía haber premio mellor que tirarse nela!
Neste caso podemos ver aos nenos e nenas máis pequenos do noso cole dispostos en gran grupo divididos en dous grupos.Un deles tiña que, por parellas, soster os aros a diferentes alturas para que o outro grupo o sobrepasara de xeonllos, de puntillas, de pé... intentando non tocar o aro.

Animádeos a que vos conten como resultou a súa experiencia porque... dominalos seus corpos en diferentes posturas corporais en distintas situacións de equilibrio é algo no que temos aínda moito que traballar e, por suposto, que o acaderemos!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario