miércoles, 21 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL

Un ano mais celebramos o festival de nadal con moitas sorpresas.Esperamos que fosen do voso agrado, neste video queda reflexado un anaco do que deu de sí este día.
BO NADAL A TODOS

martes, 20 de diciembre de 2016

Excursión de nadal

 Este ano o festival de Nadal celebrase no Local Social de San Miguel de Oia e onte fixemos unha pequena excursión para coñecer as instalacións e facer o derradeiro ensaio, tamén disfrutamos dunha deliciosa merenda e xogamos no parque infantil. Aquí vos deixamos un video que resume un pouco como foi a nosa xornada.
Queremos agradecer a todos o familiares que axudaron para que esta saída fose posible.

CONTACONTOS

Na aula de catro anos seguimos coa actividade de contacontos, desta volta foi Anxo que trouxo o conto titulado"O SAPOCONCHO ANDRÉS".
Despois de leer o conto chegamos a conclusión de que non debemos de burlarnos dos demaìs.
Moitas grazas Anxo  por compartir esta aventura con todos nos.




 

lunes, 19 de diciembre de 2016

PORTADAS DE NADAL

Chegadas estas datas remata o primeiro trimestre e é hora de levar os nosos traballos a casa, para que poidan ir moi organizados estivemos a facer unha portada en forma de reno, aqui vos deixamos un video con todo o proceso.

viernes, 16 de diciembre de 2016

CUMPLEANOS DECEMBRO

Xa pasou outro mes e atopamonos celebrando os últimos cumpleanos deste ano.
En decembro celebramos os cumples de:
ANTÓN, ANXO, LUCÍA E LEIRE.

jueves, 15 de diciembre de 2016

PHOTOCALL DE NADAL

OS NENOS E NEAS DE INFANTIL ESTES DIAS ESTIVEMOS A DISFRUTAR DUNHAS SESIÓNS DE PHOTOCALL NAVIDEÑO MOI DIVERTIDAS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
BO NADAL A TODOS.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

BANDEIRA CHINESA

Na aula de cinco anos seguimos investigando cousiñas de China, e desta volta foi o turno da bandeira que representa a este país.
Aprendemos que e de cor vermella  e que ten cinco estrelas amarelas.
Unha grande que simboliza ao partido comunista.
 Catro pequenas que representan a cada unha das clases sociais( empresarios, intelectuais, traballadores e campesiños).
Resultado de imagen de bandera de china
Logo despois coloreamos unha bandeira chinesa e fixemos con cartulina e estrelas amarelas unha bandeira para que nos quedase de recordo.Aquí deixamos unha pequena mostra do noso traballo.
Esperamos que vos guste.






 

martes, 13 de diciembre de 2016

CHINA

Os nenos e nenas de catro anos recibimos a visita de Silvia a nosa conxerse que nos traia un paquete dende correos.
Estivemos a observar o paquete e vimos que traia moitos selos e o final achegamos a concvlusión que viña de China, cando o abruimos atopamos un gato, que se convertiu na nosa nova mascota.
Aproveitamos para ver nun mapa onde quedaba china e reflexionar que cousas coñeciamos e que cousas queriamos coñecer dese pais tan lonxano.











lunes, 12 de diciembre de 2016

ADORNO DE NADAL

Os nenos e nenas de cinco anos durante estes días estivemos a decorar de Nadal a nosa porta de aula. Primeiro recortamos moitas mans dereitas e esquerdas e logo pegamolas facendo unha árbore. Tamen coloreamos uns calcetins.
Esperamos que vos guste. 






 

viernes, 9 de diciembre de 2016

O CONTO DE ANTÓN



¡Bos días familias!
Esta vez tocoulle o turno a Antón, que contou o conto os seus compañeiros. Sabedes que conto era?
 ¡Ricitos de Oro y los tres ositos!
Este conto era moi especial porque tiña diferentes texturas, e Antón deixou que todos o puidesemos tocar.
Moitas grazas Antón por compartir con nos o teu conto






!

miércoles, 7 de diciembre de 2016

CHINA TEN FORMA DE GALO

Lembrades que cando traballamos o mapa de china atopamos unha curiosidade?.
Chegou a hora de descubrir o que atopamos.
 CHINA TEN FORMA DE GALO

 
Cando nos demos conta desta curiosidade, fixemos unha manualidade. Primeiro picamos o mapa de china e logo sobre unha cartulina e con diversos materiais demoslle forma ata conseguir un galo. Aqui vos deixamos un video, esperamos que vos guste.