domingo, 24 de diciembre de 2017

Recomendacións de lectura

Estimadas familias. Sabemos que para Papá Noel ou o Apalpador chegamos un pouco xustos pero nunca é tarde cando de lectura se trata. Ademais, seguro que as súas Maxestades de Oriente estarán encantadas das nosas recomendacións:

POESÍA

A importancia da poesía non somentes se basea na súa sonoridade, o que sen dubida atrae aos nenos e nenas, tamén na aparición de moito vocabulario. Deixamos dúas recomendacións de dous autores moi coñecidos. O xardín de Irene de X. Neira Vilas, no que imos descubrindo o xardín dunha nena e todo o que para ela significa, e Poemas de la oca loca un clásico da universal Gloria Fuertes




ALBUM ILUSTRADO

Dentro desta categoría temos elexido contos en galego, castelán e bilingües galego-inglés.
Non é unha caixa é un conto que rezuma xogo simbólico en cada unha das súas páxinas. Libro imprescindible de ler e para xogar.

Un día de neve recolle a aaventura dun neno que xoga coa neve. É un conto da colección Vintage da Editorial Lata de Sal e que ten máis de 50 anos. a súa singularidade reside ademais en que é o primeiro album ilustrado no que a persoaxe principal é de cor negra polo que resulta ideal para falar das diferenzas.

A mellor sopa do mundo é un canto a amistade no que os diferentes animais van aportando ingredentes para facer unha sopa e poder compartila todos xuntos. ao final do conto podedes atopar a receita para facer a mellor sopa do mundo.

Voy a comedte é un divertidísimo libro no que un lobo acaba por convertirse en vexetariano, a razón? Teredes que ler o conto !!

Ricitos de oso é outro divertido conto arredor da festa do Entroido e no que se rompen estereotipos de xénero.

Un elefante, unha historia para contar, cantar e rir en familia.
En edición bilingüe recomendamos dous libros polas súas ilustracións e vocabulario. a aventura do coello que vai pasando polas diferentes estacións do ano, e a do camaleón que se atopa só e busca amigos sexa como sexa.








LIBRO CD 

 E xa para rematar non esquecemos o Libro-CD. Un formato no que a música é a protagonista fundamental.
En caso de que non o teñades recomendamos os traballos de Uxía Lambona e a Banda Molona, que no seu primeiro traballo danlle un ritmo novo a clásicos como a Carolina ou a Rianxeira
Se xa tedes este podedes pensar no seu segundo traballo A bailar como tolos.

E por último a familia María Fumaça traenos As que máis molan, un recopilatorio das súas cancións máis exitosas como A formiguiña ou Manola.




Agardamos que esta información resulte do voso interés !!!











sábado, 23 de diciembre de 2017

Un mundo de cores


Queriamos desde o equipo de infantil facervos un pequeno agasallo de Nadal para agradecer a vosa colaboración e participación nas actividades do cole e tamén para que poiderades desfrutar en familia nestas datas. E aquí o tedes. Unha versión adaptada, necesaria para poder colgala no blog, da película que fixemos neste primeiro trimestre:  "Un mundo de cores". Buscaremos o xeito de que a poidades ter completa.  De momento...
Bo Nadal e Feliz ano 2018 cheo de sorrisos!!
(Por esixencias técnicas do propio blog a calidade do video non é alta, especialmente a pantalla completa, pero pensamos que aínda así paga a pena que o vexades)

miércoles, 20 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL

HOXE CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL E PASAMOLO MOI BEN, ESPERAMOS QUE VOS TAMÉN DISFRURASEDES MOITO.
PARA OS QUE NON PUIDERON VIR DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA.
BO NADAL A TODOS.

martes, 19 de diciembre de 2017

CUMPLES DECEMBRO

Hoxe estivemos a celebrar os cumples do mes de decembro porque mañá temos festival e o xoves imos recibir unha visita moi especial.
Foi o cumple de Erik, Antón, Anxo e Lucía

lunes, 18 de diciembre de 2017

PORTADAS

O primeiro trimestre está finalizando e os nenos e nenas de 4 anos xa temos preparadas as nosas portadas dos traballos!






viernes, 15 de diciembre de 2017

PREPARANDO O NADAL

Na aula de cinco anos estes dias estivemos preparando as portadas para levar os nosos traballos do trimestre a casa. Aquí deixamos unha pequena mostra do proceso e do chulis que nos quedaron.



jueves, 14 de diciembre de 2017

DECORACIÓN DE NADAL

Os nenos e nenas de infantil xunto coas nosas familias elaboramos uns adornos de nadal  para colaborar na decoración dos corredores e do porche do noso cole.
Mirade que cousas tan lindas fixemos.
Moitas grazas as familias por ter colaborado.



miércoles, 13 de diciembre de 2017

En 3 anos seguimos...xogando !!

E hoxe xogamos con palliñas. Cómo? Mirade as fotos, pero podemos explicarvos que primeiro estivemos a soplar por elas (forte, despacio, moi fooooorte, moi despaaaacio...). 
Logo  converteronse en palliñas máxicas coa luz negra. Guau! Ata a roupa brillaba tamén !! 
E por último soplamos auga con elas para facer...moitas burbullaaaaassssss !!!!!!






























martes, 12 de diciembre de 2017

EXPOSICIÓN DE XOGOS DO PRE CINE

Agora que xa todos os nenos e nenas de infantil xunto coas nosas familias e compañeiros de outras aulas trouxemos os nosos xogos  de imaxes en movemento, estamos preparados para facer a exposición na BiBlioRia das nosas aportacións.
Aquí vos deixamos unha mostra desa exposición que podedes pasar a visitar no horario de Biblioteca.
Esperamos que vos guste.

lunes, 11 de diciembre de 2017

PRECINE

Os nenos/as de 4 anos chegaron moi contentos ao cole, xa que traían as súas achegas ao proxecto do cine, trouxeron diferentes xoguetes con imaxes que fixeron nas súas casas coa axuda da súa familia. Gustoulles moito ensinarllos aos seus compañéiros, explicándolles como se chaman, como funcionan e como o elaboraron.

















Moitas grazas pola colaboración!