martes, 31 de enero de 2017

DIA DA PAZ

Como xa sabedes o 30 de Xaneiro celebrase o Día Mundial da Paz.
Dende infantil estivemos coloreando unha pomba co gallo deste día, e tamén fixemos un colgante para levar as nosas casas co símbolo da paz.
Asi traballamos en tres anos



 Asi traballamos en catro anos



Así traballamos en cinco anos




lunes, 30 de enero de 2017

MAGO DE OZ

Os nenos e nenas de infantil fixemos unha excursión para ver o
" MAGO DE OZ"
Aquí vos deixamos un pequeno video co que deu de sí a nosa saída. Esperamos que vos guste.

viernes, 27 de enero de 2017

CUMPLES XANEIRO

Un mes mais estamos de celebración, desta volta forón os nenos e nenas que cumpren anos no mes de xaneiro.
XIANA, LUCAS, ERIK, AXEL, ANTÓN, IAGO E NACHO.
FELIZ DÍA A TOD@S.

jueves, 26 de enero de 2017

UNHA VISITA ESPECIAL

Familias!! como xa sabedes, os nenos/as de educación infantil estamos traballando China, e na aula de 3 anos hoxe tivemos unha visita moi especial! Li - Pei, a mama de Lucas, é de Taiwan e estivo contándonos moitas cousas sobre a cultura China!


Coa axuda de Lucas aprendemos como se din algunhas palabras en Chino Mandarín.


Trouxonos un mapa de China onde puidemos observar a súa gran extensión e onde se sitúa a Gran Muralla China.



Tamén nos contou que este fin de semana comeza o ano novo Chino. Explicounos que cada ano se corresponde cun animal como símbolo de protección, e contounos unha lenda sobre ditos animais e o seu orde. Este novo ano será o ano do galo!





Aprendemos a utlizar os palillos e puidemos practicar con eles porque nos trouxo un montón! Con eles probamos un fruto seco Chino, que tiña un sabor moi diferente aos que estamos acostumados.












Para finalizar mostrunos como se escribe en China, e fíxonos para cada un unha palabra nunha cartulina vermella, decía "primavera".






Quedáronnos xenial!



E antes de marchar regalounos a cada un o noso nome escrito en Chino!






Aprendemos un montón con Li- Pei! 
Moitísimas grazas pola visita!!

miércoles, 25 de enero de 2017

PRIMEIRAS PALABRAS EN CHINO

Aquí vos deixamos un enlace para que poidades practicar unhas palabriñas moi sinxelas en chino.
Esperamos que o pasedes moi ben.
PREME NA IMAXE PARA VER VIDEO.
 Resultado de imagen de imagenes vocabulario chino

martes, 24 de enero de 2017

O NOSO NOME

Cando a nosa amiga Luyao nos visitou trouxonos os nosos nomes escritos en chino, agora nós estivemos a copialos para unha ficha, pero se vos fixades no abecedario que tenemos na ficha e no nome que ecribimos podedes observar que non coinciden totalmente, iso debese a que en chino un mesmo nome podese escribir de diferentes xeitos dependendo da estirpe a que se pertenza .




Agora imos levar para casa o nome que nos trouxo Luyao plastificado para ter de recordo.

lunes, 23 de enero de 2017

REGALO DE REIS

Imagen relacionadaEste ano as profes de infantil escribiron unha carta os Reis Magos, pero como esgotaron todos os xoguetes tiveron que voltar a Oriente a buscar o que lle pediran as profes, por iso  se retrasaron e, chegaron onte cos nosos agasallos.
 Mirade que chulada!