viernes, 24 de febrero de 2017

CUMPLES FEBREIRO

Neste mes de febreiro tivemos moitos nen@s de cumple en infantil.
ELISA,CATALINA,ANDRÉ, ALEXANDER, XIÁN, ALBA,ALEIX,EMILIO,VICTOR,ALEXANDRÉ E LETIZÍA.
MOITAS FELICIDADES A TOD@S .

jueves, 23 de febrero de 2017

O BAILE DO DRAGÓN

Onte tivemos o pracer de recibir de novo a Li-Pei na nosa aula. Esta vez falounos de dúas danzas moi coñecidas en China, que son o baile do Dragón e do León, e observamos as diferenzas entre eles. Tamén nos explicou como é a vestimenta tradicional China, o Hanfú, e a súa evolución.


Coa axuda de Li-Pei e das profes, fixemos un dragón moi chulo que puidemos levar para xogar na casas!













Deixovos uns vídeo para que vos fagades unha idea de como son os bailes. 
A nos gustáronnos moito!

Baile do León

Baile do Dragón




miércoles, 22 de febrero de 2017

MÁSCARAS DE ENTROIDO

Na aula de cinco anos esta semana estamos a facer máscaras relacionadas co proxecto de China, o primeira máscara estivo adicada ao animal mais representativo de China "OSO PANDA"
Picamos un antifaz e logo pegamolo nun pauciño depresor, así de guapos quedamos convertidos en osos panda.




A seguinte máscara estivo adicada ao animal que simboliza para os chinos a forza e o poder
 " O DRAGÓN".
Primeiro coloreamos e logo despois picamos e pegamos unhas linguas de lume.



Unha vez rematado o traballo, saimos moi content@s coa nosa máscara, seguro que non nos recollecedes.



 

martes, 21 de febrero de 2017

PSICOMOTRICIDADE

Coa profe Soraya na sesión de psicomotricidade estivemos a facer unha sesión moi divertida, primeiro estivemos quentando un pouco e esquivando obstáculos.




 Logo colocamos o pano como se fose o rabiño dun coello e tiñamos que ir pillando coellos.




 Por último fixemos uns minutiños de relaxación


 

lunes, 20 de febrero de 2017

TALLER DE LINGUAXE

Unha semana mais recibimos a visita da profe Marta, nesta sesión estivemos traballando a lateralidade, primeiro puxemos un gomet azul na man dereita e un vermello na man esquerda.




Logo complicamos un pouco o xogo e tivemos que percorrer un camiño coas mans e os pes seguindo as indicacións da profe Marta.






viernes, 17 de febrero de 2017

OS NOSOS NOMES

Esta mañá chegou a clase de 3 anos, o libro dos nosos nomes! 
 Durante este curso, estamos traballando na aula o nome propio, xa que é unha das palabras máis significativas e motivadoras para eles. A través do nome estamos iniciandonos na lectoescritura, convertíndose así nos protagonistas da súa propia aprendizaxe.



 Hoxe comeza a circular polas casa, para que poidades xogar con el en familia!
A primeira afortunada en levalo é....


MIRANDA!