jueves, 30 de marzo de 2017

CARTA MISTERIOSA



Bos días familias:
O outro día recibimos unha carta moi especial e misteriosa… resulta que algo ou alguén que viña de moi lonxe precisaba da axuda duns aventureiros/as para superar unhas misións… e pensou en nos! Non nos dixo quen era, mais deixounos unhas pistas en forma de imaxes… algúns pensamos que era un gorro, outros un can, outros unha serpe, un elefante… E tamén fíxonos unhas preguntas para saber un pouquiño máis sobre nos e o noso espírito aventureiro!
Despois duns días cavilando quén podería ser… por fin apareceu na nosa clase a visita misteriosa! Era un elefantiño bonito que viña da India a pasar unha temporada na nosa clase. 
Puxémonos moi ledos e estivemos pensando qué cousas sabemos da India e qué cousas queremos aprender…
Aquí vos quedan unhas fotos da benvida que lle demos o novo membro da nosa aula.





No hay comentarios:

Publicar un comentario