lunes, 6 de noviembre de 2017

ÁRBORE DAS EMOCIÓNS

Na nosa aula habita un trasno moi simpático que nos pediu que lle fixéramos unha árbore na que poder descansar a cambio dunha sorpresa. Intrigados, decidimos facela,  buscamos o lugar máis axeitado e puxémonos mans a obra. Recortamos anacos de aironfix azul, verde e marrón, e fómolos pegando pouco a pouco, posteriormente ocorréusenos facer un burato na árbore onde se puidera poñer o noso trasno.

E cando rematamos... apareceu a sorpresa! Regalounos moitas follas de cores para poñer na árbore, cada cor representa unha emoción, e así cada día podemos reflexionar sobre como nos sentimos e facelo visible. Mellorando así o noso autocoñecemento e autocontrol das emocións. 
























No hay comentarios:

Publicar un comentario