lunes, 4 de diciembre de 2017

COORDINARTE

Na última sesión de arte e creatividade fixemos unha tarefa de cooperación por parellas.
Colocámonos de dous en dous e tiñamos unha soa folla e un so pincel, polo que nos tivemos que poñer de acordo co compañeiro/a para elixir a quenda para usar o pincel así como a cor elixida en cada momento, conversando sobre o debuxo elaborado en conxunto. 
Foi unha tarefa que resultou motivadora, reconfortante e positiva para os cativos, xa que lles axudou a mellorar o control de impulsos e a afianzar habilidades sociais básicas de respecto e cortesía. 

Aquí vos deixamos unha imaxes do proceso...




















E este foi o resultado!















FERMOSOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario