domingo, 24 de diciembre de 2017

Recomendacións de lectura

Estimadas familias. Sabemos que para Papá Noel ou o Apalpador chegamos un pouco xustos pero nunca é tarde cando de lectura se trata. Ademais, seguro que as súas Maxestades de Oriente estarán encantadas das nosas recomendacións:

POESÍA

A importancia da poesía non somentes se basea na súa sonoridade, o que sen dubida atrae aos nenos e nenas, tamén na aparición de moito vocabulario. Deixamos dúas recomendacións de dous autores moi coñecidos. O xardín de Irene de X. Neira Vilas, no que imos descubrindo o xardín dunha nena e todo o que para ela significa, e Poemas de la oca loca un clásico da universal Gloria Fuertes




ALBUM ILUSTRADO

Dentro desta categoría temos elexido contos en galego, castelán e bilingües galego-inglés.
Non é unha caixa é un conto que rezuma xogo simbólico en cada unha das súas páxinas. Libro imprescindible de ler e para xogar.

Un día de neve recolle a aaventura dun neno que xoga coa neve. É un conto da colección Vintage da Editorial Lata de Sal e que ten máis de 50 anos. a súa singularidade reside ademais en que é o primeiro album ilustrado no que a persoaxe principal é de cor negra polo que resulta ideal para falar das diferenzas.

A mellor sopa do mundo é un canto a amistade no que os diferentes animais van aportando ingredentes para facer unha sopa e poder compartila todos xuntos. ao final do conto podedes atopar a receita para facer a mellor sopa do mundo.

Voy a comedte é un divertidísimo libro no que un lobo acaba por convertirse en vexetariano, a razón? Teredes que ler o conto !!

Ricitos de oso é outro divertido conto arredor da festa do Entroido e no que se rompen estereotipos de xénero.

Un elefante, unha historia para contar, cantar e rir en familia.
En edición bilingüe recomendamos dous libros polas súas ilustracións e vocabulario. a aventura do coello que vai pasando polas diferentes estacións do ano, e a do camaleón que se atopa só e busca amigos sexa como sexa.








LIBRO CD 

 E xa para rematar non esquecemos o Libro-CD. Un formato no que a música é a protagonista fundamental.
En caso de que non o teñades recomendamos os traballos de Uxía Lambona e a Banda Molona, que no seu primeiro traballo danlle un ritmo novo a clásicos como a Carolina ou a Rianxeira
Se xa tedes este podedes pensar no seu segundo traballo A bailar como tolos.

E por último a familia María Fumaça traenos As que máis molan, un recopilatorio das súas cancións máis exitosas como A formiguiña ou Manola.




Agardamos que esta información resulte do voso interés !!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario